Skip to main content
AbadínAxenda TERRACHÁXA

O Festival Rumboia Viva fai pública a lista de participantes na segunda edición

Por 11 Abril, 2024Abril 12th, 2024Sin comentarios

A Asociación xuvenil A Rumboia, de Abadín, anunciou a próxima celebración da segunda edición de Rumboia Viva, un festival cultural que terá lugar o próximo mes de xullo, na porta da Terra Chá. A data que avanza o colectivo é o 27 de xullo.

O pasado ano, esta celebración tivo un gran éxito e este ano no se espera menos cos artistas confirmados que presentou a organización. Así, a falta, do cartel definitivo, abriu esta lista Familia Caamagno, e sumáronse posteriormente Lontreira, Grande Amor e Mondra. Ademais estarán dous DJ de prestixio, Peabody e Yaya. Pecha o cartel un toque enxebre da man de AC Andrade, que terá a misión de inaugurar unha tarde noite de música onde se combinarán as pandeiretas, a tradicional e algunhas regueifas.

O colectivo continúa a traballar no deseño do programa no que haberá moitas actividades ademais da música. Así, teñen prevista ter algo de gastronomía, artesanía, xogos e obradoiros, entre algunha sorpresa máis. Entre estes está confirmada a celebración dun obradoiro de xogos populares para menos e maiores a cargo de Xotramu de Muimenta. Tamén haberá un obradoiro de flores para o que é precisa inscrición previa no 647 892 259.

A organización adiantou que este ano van poñerse a bailar “ata as queirugas”.