Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Alumnos da UNED Sénior da Coruña visitaron o Castro de Viladonga

Por 10 Abril, 2024Sin comentarios

45 alumnos da UNED Sénior da Coruña visitaron o Castro de Viladonga acompañados polo Coordinador do colectivo, o padre Patiño.

Acollidos no centro pola súa dirección, o alumnos, procedentes moitos das zonas de Guitiriz e Xermade, primeiro viron un vídeo de todo o Castro e as súas peculiaridades e despois visitaron todo o Castro acompañados polas explicacións do Arqueólogo Diego.

O Castro de Viladonga é un castro galaico-romano pertencente á coñecida como cultura castrexa. Atópase nunha cota de 535 metros sobre o nivel do mar, lugar dende o que se domina visualmente boa parte da Terra Chá.

Os traballos arqueolóxicos comezaron en 1971. Trátase dos dous castros máis famosos de Galicia, en gran parte debido a que dende 1983 conta cun Museo Monográfico do castro.

O 11 de decembro de 2009 foi declarado Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia.