Skip to main content
Cospeito

O PSOE de Cospeito supervisa as obras da estrada entre Muimenta e A Feira do Monte

Por 9 Abril, 2024Abril 10th, 2024Sin comentarios

O voceiro socialista en Cospeito, Daniel Irimia, acompañado do deputado de Vías e Obras, Miguel Fernández; do enxeñeiro, Héctor Diéguez e da concelleira María González e de José Ramón, concelleiro que tomará posesión no próximo Pleno ordinario, acercábase á estrada LUP-17-01, que une Feira do Monte con Muimenta, para coñecer de primeira man a actuación que a Deputación Provincial executará nesta vía. Esta ten un orzamento de máis de 290.000 euros; tal e como se aprobou na Xunta de Goberno Provincial o pasado venres pola mañá.

“Seguimos traballando por Cospeito en serio, e tal e como anunciamos numerosas veces nos plenos ordinarios, as nosas promesas materialízanse en feitos. Esta estrada de vital importancia para os veciños da contorna da Feira do Monte e das parroquias limítrofes como Goá, Roás e Muimenta, será asfaltada con aglomerado en quente dende a propia Feira do Monte ata A Ponte (máis adiante do barrio das Acernadas) e con rego asfáltico dende o cruce do Mesón de Euloxio ata a propia ponte do río Anllo, é dicir, en dirección oposta. Actuando polo tanto onde máis o precisa, quedará impoluta”, explica Irimia.

É un proxecto que afecta aos seis primeiros quilómetros e que consistirá na limpeza das marxes, drenaxe, estendido de aglomerado en quente e o pintado da vía. O prazo de execución é de dous meses.