Skip to main content
Cospeito

Convocan unha charla sobre plantacións forestais en Pino o sábado

Por 22 Abril, 2024Abril 30th, 2024Sin comentarios

A Asociación Recreativo Cultural de San Martiño de Pino continúa coas charlas informativas e nesta ocasión, da man do axente ambiental Fernando Fernández Cabana, que falará das distancias e condicións que hai que ter en conta nas plantacións forestais segundo a lexislación vixente.

Será nunha sesión que leva por título Plantacións Forestais: lexislación, distancias e condicións, que terá lugar o sábado, 27 de abril, ás 16.00 horas, no local social Escola de Pino con entrada de balde ata completar aforo.