Skip to main content
Axenda TERRACHÁXAFriolFriol TERRACHÁXA

Friol prepárase para a Festa do Porco Celta, que será o 4 de maio

Por 21 Abril, 2024Abril 22nd, 2024Sin comentarios

Un ano máis, a Festa do Porco Celta de Friol celebrarase no pavillón municipal de Friol e esta vez será o día 4 de maio, na que é a sexta edición.

De novo, participarán produtores deste animal que o que buscan é poñer en valor a calidade da carne deste porco de antiga raza e promocionar aos criadores da zona de Friol, xa que esta raza porcina é a única autóctona de Galicia de protección especial e en perigo de extinción.

Espérase bastante afluencia de público, como nestes últimos anos. Haberá unha cea, que constará dun menú baseado neste tradicional alimento, e unha orquestra que amenizará a noite. Este ano consistirá en caldo de ósos e cocido,

O programa dará comezo ás 16.00 horas co campionato de tute. Este está reservado para as persoas que participen na cea e a súa inscrición é gratuíta.

Ás 20.00 horas abrirá unha exposición e venda de produtos de porco celta e media hora despois haberá unha demostración de corte de xamón. Ás 21.30 horas dará comezo a cea, cun picoteo de benvida. Haberá tamén un sorteo de produtos de porco celta.

O tickets para a cea xa están á venda ata o 28 de abril a un prezo de 25 euros con mesa reservada para os grupos numerosos.