Skip to main content
Guitiriz

A Casa Habanera de Guitiriz acolle un obradoiro gratuíto de elaboración de conservas

Por 8 Abril, 2024Sin comentarios

A Casa Habanera acollerá o martes 16 de abril un obradoiro gratuíto de elaboración de conservas, unha iniciativa impulsada polo Concello de Guitiriz, a Deputación de Lugo e a Reserva da Biosfera Terras do Miño.

O prazo de inscrición estará aberto ata o próximo venres, 12 de abril, e poderá formalizarse de xeito presencial na casa do concello ou chamando ao teléfono 982 370 109. As prazas son limitadas e terán preferencia as persoas empadroadas.

A sesión celebrarase o martes 16 de abril de 16 a 20 horas na Casa Habanera.