Skip to main content
Guitiriz

Guitiriz prepara un campamento de verán para a semana do 1 ao 5 de xullo

Por 7 Abril, 2024Sin comentarios

O Concello de Guitiriz abrirá en próxmas datas o prazo de inscrición dirixido a persoas empadroadas no municipio para anotarse nos campamentos municipais de verán do mes de xullo.

A oferta, dirixida a rapaces e rapazas nados entre os anos 2008 e 2016 (ambos incluídos), levarase a cabo do 1 ao 5 de xullo e inclúe unha visita ao Aquapark de Cerceda (1 de xullo) e estancia no parque multiaventura Galipark de Padrón (do 2 ao 5 de xullo). Neste lugar realizarán circuítos multiaventura, rocódromo, tirolinas, kaiak e rafting, piscina, saídas culturais, sendeirismo, rutas BTT e diferentes xogos.

As prazas son limitadas, tendo que formarse un grupo mínimo de 25 persoas para realizar a actividade e cun límite de 40 participantes.