Skip to main content
Axenda TERRACHÁXAGuitiriz

Guitiriz abre o prazo para inscribirse na Festa dos Xubilados de Parga

Por 6 Abril, 2024Sin comentarios

O Concello de Guitiriz abre o prazo de inscrición para participar na Festa dos Xubilados, que este ano se celebrará o xoves 2 de maio a partir das 14 horas na Praza do Vinteoito, en Parga.

As persoas interesadas en participar poden anotarse ata o 26 de abril de xeito presencial na casa do concello. Nos próximos días, os e as xubiladas recibirán nos seus fogares unha carta da alcaldesa, Marisol Morandeira, coa invitación e a información necesaria para participar na festa. Aqueles que, por calquera erro, non reciban pero cumpran as condicións para inscribirse, poden facelo igual na casa consistorial.

Ademais, para quen teña dificultades para desprazarse, o Concello habilitará transporte desde a praza do Campo da Feira de Guitiriz. Quen o necesite deberá indicalo cando merque a súa entrada.