Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

O Concello de Outeiro de Rei inicia unha campaña de compostaxe doméstica

Por 28 Abril, 2024Sin comentarios

O xoves e venres da próxima semana, días 2 e 3 de maio, en horario de 11:00 a 14.00 horas, instalarase nas inmediacións do concello de Outeiro de Rei unha carpa ao obxecto de dar información sobre compostaxe doméstica e promover o uso de prácticas de compostaxe dentro dos hábitos de vida.

A campaña de compostaxe doméstica promovida polo Concello de Outeiro de Rei está destinada a aquelas persoas que residan nalgunha vivenda unifamiliar do municipio e dispoñan de xardín e/ou horta. A principal característica deste tipo de compostaxe é que se realiza a pequena escala, empregando compostadores de uso individual que se colocan na horta ou xardín de cada casa o que permite xestionar os residuos orgánicos xerados sen necesidade de desprazarse, ademais de obter compost propio dunha forma sinxela e limpa.

A instalación desta carpa será o punto de partida para o reparto gratuíto de 50 composteiros individuais; xunto ao composteiro farase entrega dun aireador de compostaxe, un cubo pequeno previsto para a recollida in situ dos residuos órganicos e un tríptico informativo. As persoas que desexen un composteiro e aínda non o teñan solicitado no Concello, o poden solicitar eses días na carpa instalada na Praza do Concello e posteriormente, ata esgotar existencias nas oficinas municipais do Concello de Outeiro de Rei.

Os composteiros, un total de 50, serán repartidos por orde de solicitude e levados á vivenda por persoal técnico, que tamén prestará asesoramento individualizado sobre o seu funcionamento.

O venres, día 3, está previsto tamén o acto oficial de izado da bandeira verde, distinción obtida polo Concello de Outeiro de Rei por terceiro ano consecutivo.

Esta campaña está financiada con fondos europeos Next GenerationEU da Unión Europea, a través da Xunta de Galicia e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España e polo propio Concello de Outeiro de Rei.