Skip to main content
As Pontes

As Pontes convoca unha andaina contra o cancro este domingo

Por 29 Abril, 2024Sin comentarios

A Asociación Española Contra o Cancro celebra este domingo, 5 de maio, ás 11.00 horas a súa andaina solidaria co título As Pontes en marcha contra o cancro.

Esta actividade lúdico-deportiva ofrecerá un percorrido de 4,2 quilómetros con saída diante do Concello para percorrer  parque, Alexandre Bóveda, Mugardos, praza Uxío Novoneira, a senda da Historia, Areosa, Eume, Menéndez Pelayo, o Campo da Feira, a avenida de Ferrol e de volta ao Concello.

Trátase dun percorrido apto para todos os públicos.

As persoas interesadas poden inscribirse na Óptica Baamonde, El Baúl, Saavedra, Bar A Cepa, Cafetería Venus, Urbo Moda, Amas de Casa, Mayge e La Merceería. Tamén se admiten inscrición a través da web e aportacións sen necesidade de participar no evento. O custe é de 5 euros por adultos e 3 por nenos e nenas ata os 12 anos.

Todo o que se recade destinarase á investigación oncolóxica, a proxectos asistenciais e de prevención.

A Asociación agradece a participación masiva da sociedade pontesa e a colaboración das distintas institucións e empresas que fixeron posible a realización deste evento.