Skip to main content
Comarca LUGOXAComarca TERRACHÁXADeportes LUGOXADeportes TERRACHÁXARábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

O domingo Rábade acollerá o torneo de ximnasia rítmicas das escolas deportivas

Por 22 Abril, 2024Sin comentarios

Este domingo, 28 de abril, o pavillón municipal Eduardo Fernández Villamarín de Rábade acollerá desde as 11.00 horas o Torneo Terra Chá das escolas deportivas de ximnasia rítmica no que participarán 8 agrupacións da comarca.

No evento, organizado polo Concello de Rábade, participarán as escolas de Guitiriz, Rábade, Outeiro de Rei, Castro de Rei, Castro Ribeiras de Lea, Cospeito, Vilalba e Begonte.