Skip to main content
A Pobra do BrollónVilalba

A Pobra do Brollón acolle un Encontro de Improvisación con escolares da comarca e de Vilalba

Por 2 Abril, 2024Abril 3rd, 2024Sin comentarios

A Pobra do Brollón acolle o IV Encontro Interescolar de Improvisación este xoves, 4 de marzo, no que participarán os alumnos e alumnas de diferentes concellos da provincia de Lugo.

Esta será unha mostra de brindo e regueifa co alumnado do colexio da Pobra ademais de centros educativos de Monforte, Vilalba, Vila de Cruces, Caldas de Reis e O Courel.

A Casa da Cultura Olga Novo é o lugar escollido para desenvolver esta iniciativa, que comezará ás 18.30 horas e será aberto ao público, polo que todos os veciños e veciñas tamén poderán participar dela.

Ademais da mostra, ao longo da xornada realizarase unha visita ao colexio da Pobra do Brollón e o alumnado realizará un roteiro polo Camiño de Inverno.