Skip to main content
Vilalba

O comercio de Vilalba fai unha campaña pola Festa do Queixo con 500 euros en premios

Por 4 Abril, 2024Sin comentarios

A Asociación de Empresarios Sete Pontes puxo en marcha esta semana una nova iniciativa de promoción do comercio local aproveitando a celebración da Festa do Queixo San Simón da Costa.

A campaña leva por título Eu do queixo non me queixo e nela participan un total de 45 establecementos de todo tipo que repartirán un total de 500 euros en premios.

A promoción consiste en que os clientes dos comercios participantes deberán gardar os tíckets das súas compras que teñan un importe mínimo de dez euros dentro do período do 1 ao 6 de abril. O día da feira deberán canxear estes por participacións dun sorteo, que se levará a cabo despois do pregón da feira. Haberá un total de 300 euros en premios.

Ademais, os 200 primeiros en recoller a súa participación levarán un rasca e gaña que acubilla outros 200 euros en premios.