Skip to main content
Vilalba

O PP impide o cambio de nome de tres edificios públicos de Vilalba durante o Pleno

Por 5 Abril, 2024Sin comentarios

O Iescha non logrou de novo o acordo do Pleno da proposta de denominación da Casa da Cultura co nome de Manuel María; do Conservatorio de Música como Conservatorio de Música Santiago Mato Vizoso, e da Biblioteca Pública Municipal coma Biblioteca Pública Municipal Agustín Fernández Paz. Votaron a favor desta iniciativa o PSOE e Vilalba Aberta pero o PP abstívose.

Como é necesario o voto de dous terzos da corporación, a proposta quedou desestimada novamente, xa que presentouse hai catro anos e o resultado foi igual.

Os populares defenderon na súa proposta que hai un acordo por non poñer o nome de persoeiros a edificios públicos e rúas, “polos problemas que poida ter no futuro”, mentres que a alcaldesa sacou a colación o nome do auditorio, destinado “a unha muller que o seu único mérito foi casarse con un político do PP”.

Nesta sesión plenaria, si se aprobaron as obras de repavimentación da rúa Conde Pallares e da Travesía que une a avenida Terra Chá coa Rúa Mondoñedo, ademais dos traballos de paso no lugar da Ribeira, na parroquia de Samarugo.

“Actuacións todas elas dirixidas a mellorar as infraestruturas públicas de Vilalba e, desta forma, a vida dos nosos veciños e veciñas”, explicaou a alcaldesa, Marta Rouco.

Tamén saíu adiante a proposta de solicitude de desafección das Vivendas de Mestres na rúa Cuart de Poblet, así como diferentes mocións dos grupos políticos municipais. Foron convertidas en rogos dúas dos populares, a que pedía a reactivación do programa O rural máis vivo, xa que a alcaldesa dixo que contan cunha subvención para isto, e outra para cambiar a LED o alumeado na parroquia de Noche. Neste último caso, os veciños tamén acudiron ao pleno para soliciar mellor iluminación que o plan previsto polo Concello.

O BNG levou tamén tres mocións, que foron aprobadas con modificacións. Unha sobre o convenio de transición xusta nas Pontes, a campaña de apoio aos colectivos feministas e outra en contra do proxecto de Altri.