Skip to main content
Vilalba

Rouco agradece á Xunta a limpeza da glorieta de acceso ao Polígono “despois de varios requerimentos”

Por 9 Abril, 2024Sin comentarios

O concello demanda ao goberno galego que continúe a actuación cun acondicionamento da rotonda.

O Concello de Vilalba agradece á Xunta de Galicia que, despois de varios requerimentos, procedese a realizar tarefas de limpeza e segado da herba na glorieta que dá acceso ao polígono empresarial e á vila.

Agora, o concello solicita unha vez máis que a actuación continúe cun acondicionamento real da glorieta, xa que é unha infraestrutura de titularidade autonómica.

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, xunto aos concelleiros Luis Fernández e Ignacio Criado, estivo na zona xunto Moisés Carballeira, presidente da Asociación de Empresarios Sete Pontes.

“Agradecemos que a Xunta limpase a glorieta, pero demandamos de novo unha actuación maior, que realmente acometa un acondicionamento real dun punto de tráfico moi transitado, unha das principais rotondas de acceso á vila e ao polígono”, asegura Marta Rouco.

O concello xa solicitou as tarefas de limpeza e o acondicionamento da glorieta cando mantivo reunións pola estación de autobuses coa Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta, peticións que despois realizou por escrito.