Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

Marta Rouco recibe no Concello aos deportistas do Club de Loita Vilalba

Por 12 Abril, 2024Sin comentarios

O Salón de Plenos da Casa do Concello foi o escenario da recepción que a alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira de Deportes, Paula Vigo, lle fixeron ao Club de Loita Vilalba.

Foi un acto de recoñecemento polos seus bos resultados acadados recentemente nos campionatos de España U13 e U17, de onde volveron con dúas medallas de ouro e unha de prata.

Un dos ouros foi acadado por Jimena García, mentres que as outras dúas medallas lle corresponderon a Kevin Cuba, ámbolos dous presentes no acto xunto aos seus compañeiros Héctor Soloma, que acadou un quinto posto, Enrique Seoane, cuxa categoría non se disputou e Bruno Pintos, que acadou un sétimo posto.

Ademais, os deportistas tamén estiveron arroupados polas súas familias, e os seus adestradores, Ramón Monasterio e Iván Castro.