Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

O Club de Loita Vilalba remata segundo na Liga Galega de Deporte Base

Por 15 Abril, 2024Abril 16th, 2024Sin comentarios

O Club Loitas Olímpicas Vilabla, na Fase Norte da Liga Galega de Deporte Base de Loita, que tivo lugar este sábado en Vila de Cruces acadou o segundo posto.

Nesta fase participaron máis de 200 nenas e nenos de entre 5 e 13 anos en equipos mixtos pertencentes a 7 clubs.

O vilalbés foi un dos máis numerosos rematando en segunda posición por detrás da Escola Ayude de Santiso, e co Keltoi de Vila de Cruces, que quedou terceiro. Estes tres serán os que participen na final A da Liga de Deporte base xunto aos 3 clubs clasificados na pasada Fase Sur.

Esta actividade ten un carácter lúdico no que prima a participación de todas as nenas e nenos con independencia do nivel ou tempo de práctica adaptando o regulamento ás e aos máis novos.

Para a próxima final do 25 de maio contan con levar un equipo con máis deportistas que tentarán demostrar o aprendido durante as escolas deste ano.