Skip to main content
Vilalba

Curso sobre o uso de smartphone para maiores en Vilalba

Por 16 Abril, 2024Sin comentarios

A Deputación de Lugo continúa co programa Xunt@s en Vilalba, con actividades gratuítas, de lecer e formación para contribuír ao envellecemento activo no rural a través do impulso da participación cidadá e o asociacionismo.

Así, convoca un curso de uso de smartphone na casa da cultura. Terá lugar os días 17 e 24 de abril, ás 11.30 horas.

A sesión estará dirixida a mostrar o uso dos smartphone. As ensinanzas estarán encamiñadas a un manexo básico do smartphone, incluíndo pautas para o emprego de aplicacións móbiles como as de mensaxería instantánea, a banca electrónica ou a do Servizo Galego de Saúde, entre outras