Skip to main content
Axenda TERRACHÁXADeportes TERRACHÁXAVilalba

Vilalba convoca para o día 10 de maio a Carreira Escolar das Letras Galegas

Por 22 Abril, 2024Sin comentarios

Xa está aberto o prazo de inscrición para a XIV Carreira Escolar das Letras Galegas, dedicada este ano a Luisa Villalta Gómez.

O prazo está aberto desde o luns para que os e as escolares comecen a anotarse na carreira que se celebrará o vindeiro 10 de maio a partir das 11:00 no estadio municipal da Madalena.

Todos os interesados e interesadas poderán inscribirse ata o vindeiro 25 de abril a través dos seus centros escolares, onde o equipo docente conta coa documentación necesaria para proceder á recollida dos datos dos e as participantes.

Como cada ano, a carreira de carácter participativo, contará con 7 categorías: chupete, biberón, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete; e todo o alumnado participante recibirá o seu correspondente avituallamento e medalla.

Ademais, estará permitido o acceso ao evento das familias do alumnado, para quen estará habilitada a grada pequena do estadio da madalena, quedando a grada principal reservada para alumnado e profesorado.

Así mesmo, os centros educativos contarán cun servizo de autobuses para participar no evento que correrá a cargo do Concello de Vilalba, “co obxectivo de que todos e todas se animen a participar nunha xornada que reúne tres piares básicos da educación: convivencia, deporte e lingua”, asegurou a alcaldesa, Marta Rouco.