Skip to main content
Vilalba

A biblioteca de Vilalba celebra o Día do Libro cunha actividade de narración oral

Por 21 Abril, 2024Sin comentarios

O vindeiro 23 de abril é o Día Internacional do Libro e a Biblioteca Municipal de Vilalba convocou unha actividade para celebralo. Trátase de E a ti…que che contaban?, unha proposta familiar de narración oral da man de Vero Rilo.

Será ás 17:30 cando terá lugar na propia Biblioteca Municipal este espectáculo ofrecido pola narradora Vero Rilo para nenos e nenas dende os 4 anos de idade.

As prazas son limitadas e para participar haberá que inscribirse previamente neste enlace  ou escaneando o código QR do cartel.