Skip to main content
Vilalba

Veciños de Sancovade farán a Ruta da Auga o día 4

Por 24 Abril, 2024Sin comentarios

A asociación veciñal de Sancovade organiza unha ruta de sendeirismo para o día 4 de maio. Percorrerase a Ruta da Auga de Guitiriz, que ten unha distancia de 19 quilómetros cunha dificultade media.

Está previsto que dure unhas 4 horas e media comezando ás 8.00 horas desde a Capela de Guadalupe.

As persoas que desexen anotarse teñen de prazo ata o 26 de abril. Poden facelo nos teléfonos 698 185 859 (Almudena) ou 651 478 916 (Lucía). Ten un prezo de 10 euros para os non socios mentres que para os membros do colectivo é de balde.