Skip to main content
Vilalba

Arranca o servizo de recollida de materia orgánica en Vilalba

Por 24 Abril, 2024Abril 25th, 2024Sin comentarios

Xa está en marcha o servizo de recollida de materia orgánica nas rúas vilalbesas. O primeiro paso foi completar  a implantación de contedores e agora xa comezaron coa recollida.

Os que desexen sumarse a este proxecto teñen que recoller a chave na Casa do Concello que permitirá abrir os colectores e que será unha por domicilio.

En concreto son nove os colectores instalados e están localizados na avenida da Terra Chá (números 82 e 15-17), na rúa de Galicia (33 e 11), praza do Coronel Pena, rúa da Pravia (35), rúa Campo de Puente (1 e 24) e rúa Plácido Peña (37).

Con esta iniciativa preténdese separar os residuos orgánicos súas casas para logo botalos ao colector correspondente e así contribuír ao coidado do medioambiente e a unha reciclaxe máis comprometida e eficiente.