Skip to main content
Xermade

Xermade contará cunha charla sobre nutrición dentro do programa Xunt@s

Por 15 Abril, 2024Sin comentarios

A Deputación de Lugo continúa en Xermade con accións do programa Xunt@s, creado con actividades gratuítas, de lecer e formación para contribuír ao envellecemento activo no rural a través do impulso da participación cidadá e o asociacionismo.

Así, este mércores 17 organizarase unha charla gratuíta sobre nutrición e hábitos saudables a partir das 16.00 horas na biblioteca local.