Skip to main content
Xermade

Xermade acolle a final provincial de duatlon escolar

Por 18 Abril, 2024Sin comentarios

A praza do Concello de Xermade acollerá este domingo, 21 de abril, o campionato provincial de duatlón escolar do programa Xogade, no que está previsto que participan máis dun cento de participantes das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.

Esta proba está organizada polo club Cidade de Lugo, a Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, Secretaría Xeral para o Deporte e Área de Deportes do Concello da Pastoriza. Dará comezo ás 10:00 horas e ten previsto clausurase sobre as 14.00 horas. Os deportistas farán percorridos en función da súa categoría. Así en carreira serán 400, 800, 1.200 e 2.000 metros; en bicicleta 2, 4, 6 e 8 quilómetros, respectivamente; para rematar cun trazado a pé de 200 metros no primeiro caso, e de 400, 600 e 1.000 metros.