Skip to main content
Xermade

Adamo informa o sábado en Xermade sobre o despregue de fibra óptica

Por 18 Abril, 2024Sin comentarios

A escola de Candamil, en Xermade acolle este sábado a presentación da implantación da rede fibra óptica na parroquia a cargo da empresa Adamo.

Esta sesión terá carácter informativo e estará en marcha dende as 11.00 horas. Representantes da empresa, dentro das axudas do Goberno central para a instalación de banda ancha no rural, explicarán o despregue da fibra óptica en toda a parroquia e os pasos a seguir así como solventará as dúbidas que se plantexen.

De feito, dentro do programa de desenvolvemento de internet no ámbito rural do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a empresa Adamo está a traballar en concellos da contorna e continúa a  ofertar os seus servizos en máis.

A fibra de Adamo está prevista que se complete por toda a provincia.