GaliciaXa
A Xunta activa en febreiro a rede de psicólogos clínicos en atención primaria con 21 novas incorporacións
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anuncia a posta en marcha da Rede de psicoloxía clínica en atención primaria, que permitirá reforzar o abordaxe dos trastornos mentais comúns e mellorar a coordinación coa Psiquiatría
Luís Alonso Girgado será nomeado Cunqueiriano de Honra de 2026 en Mondoñedo
O ensaísta e crítico literario recibirá a distinción o 28 de febreiro no Salón de Plenos do Concello, nun acto institucional ao mediodía
Ana Pontón destaca a creatividade e a innovación do goberno do BNG que fan de Pontevedra unha cidade de referencia
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, subliña a xestión do goberno local de Miguel Anxo Fernández Lores como un exemplo de modelo innovador, con políticas pioneiras en mobilidade, urbanismo e protección ambiental
Besteiro denuncia que a sanidade pública galega “é un caos e ten responsables políticos”
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, responsabiliza ao Goberno de Alfonso Rueda do deterioro da sanidade pública e alerta do risco de seguir o modelo de privatización de Madrid.
López Campos visita a rodaxe de 'Lobo', a nova serie que se grava en Galicia co apoio da Xunta
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, visitou a rodaxe de 'Lobo', miniserie que recibe unha axuda de 300.000 euros da Xunta para a atracción de rodaxes audiovisuais
Ourense converterase no epicentro da comunicación en lingua galega coa celebración do Día dos Medios en Galego 2026
Será os días 6 e 7 de febreiro, coincidindo co 150 aniversario de O Tío Marcos d’a Portela, e contará cun coloquio e una foliada na Praza de San Martiño, así como un roteiro polo Ourense de Valentín Lamas Carvajal da man de AMEGA
O Pazo dos Deportes de Lugo acolle unha cita decisiva para a loita olímpica galega
280 deportistas de 25 clubs loitarán pola representación galega nos estatais, con notable incremento de participación feminina
Presentan en Lugo a estratexia do Laboratorio de Saúde Pública para 2026-2030
A Xunta destaca o centro como referente estatal e aval da candidatura de Lugo á Axencia Estatal de Saúde Pública
Ana Pontón urxe a reforzar a atención primaria en Teo co persoal, servizos e infraestruturas que precisa
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou á Xunta cubrir baixas e vacantes e dotar de medios suficientes a atención primaria de Teo, onde residen preto de 20.000 persoas
GaliciaXa
Besteiro reclama unha comisión de investigación polo pacto con Altri
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, pide que comparezan Alberto Núñez Feijóo e Francisco Conde para aclarar un memorando con Altri que o PP admite que se asinou sen control administrativo
GaliciaXa
O deporte da provincia únese contra o cancro lucindo o Brazalete da Esperanza
Deportistas de múltiples disciplinas e competicións sairán ao campo as próximas fins de semana cun brazalete verde no brazo
O Salón do Libro 2026 homenaxeará á libreira Luz Gallego “Nenuca” e ao editor Manuel Bragado
O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra recoñecerá na súa 27ª edición o labor da libreira e mediadora Luz Gallego, da Libraría Seijas, e do editor Manuel Bragado, figuras clave na cadea do libro galego
GaliciaXa
Ana Miranda insta á presidenta da Eurocámara a prohibir un evento de extrema dereita
A eurodeputada do BNG promove unha carta dirixida á presidenta do Parlamento Europeo, Roberta Metsola, apoiada por 30 eurodeputadas e eurodeputados de catro grupos políticos
GaliciaXa
Besteiro esíxelle a Rueda que explique que financiamento quere para Galicia e o negocie
O secretario xeral do PSdeG reclama ao presidente da Xunta que defina e negocie un modelo de financiamento autonómico para Galicia e advirte de que rexeitar o diálogo suporía antepoñer os intereses partidarios aos do país
GaliciaXa
Rueda destaca un investimento de 10,6 millóns para levar cobertura móbil a 210 núcleos do rural galego
A Xunta impulsou un proxecto pioneiro en Europa que permitiu instalar 68 novas torres de telefonía en 55 concellos para garantir cobertura móbil e internet a máis de 5.000 persoas do rural
GaliciaXa
Noites Abertas regresa con 98 actividades e 157 sesións entre xaneiro e marzo
A 27ª edición de Noites Abertas desenvolverase entre o 30 de xaneiro e o 28 de marzo con propostas gratuítas para mozas e mozos de 12 a 30 anos en oito espazos da cidade.
GaliciaXa
Raquel Areal, primeira galega na Filharmónica de Berlín, protagoniza “Ao lonxe” coa Real Filharmonía de Galicia
A violinista Raquel Areal será a solista convidada do programa “Ao lonxe” da Real Filharmonía de Galicia, que inclúe a estrea absoluta dunha obra de Voro García e obras de Prokófiev e Sibelius.
GaliciaXa
CCOO convoca folga no ferrocarril os días 9, 10 e 11 de febreiro tras os últimos accidentes
O sindicato chama a tres xornadas de paro en Renfe, Iryo, Ouigo e Serveo para reclamar máis persoal, fin das externalizacións e melloras en seguridade tras varios sinistros con vítimas.
Persoal do IES Daviña Rey de Monforte pechouse este martes para reclamar melloras no ensino
Os peches producíronse tamén noutros centros de Vigo, Pontevedra e A Coruña
GaliciaXa
O pleno da Deputación de Lugo debateu tres mocións sobre Mercosur e aprobou a do PSOE e a do PP
Tamén saíron adiante a petición á Xunta para que aumente as contías do SAF a proposta do BNG para reclamar ao Goberno do Estado que negocie coa Comisión Europea a exclusión da frota artesanal do Control da Pesca
O VIII Foro Labrego de Agroecoloxía pon o foco no relevo xeracional en Mondoñedo
O encontro, organizado polo Sindicato Labrego Galego, celebrarase os días 7 e 8 de febreiro no Pazo de Santomé con palestras, visitas a proxectos agrarios e xantares agroecolóxicos
Alerta en varios ríos da provincia de Ourense polo risco de desbordamentos
Ourense, Os Peares, Baños de Molgas e San Cibrao das Viñas son algúns dos municipios en alerta polo risco de inundacións
GaliciaXa
Vigo celebra o Entroido con pasacalles, comparsas e a orquestra París de Noia
A programación municipal do Entroido de Vigo desenvolverase do 13 ao 18 de febreiro con desfiles, concertos, animación de rúa e concursos de disfraces e comparsas.
GaliciaXa
Besteiro participará na manifestación en defensa da sanidade pública galega en Santiago
O PSdeG súmase á protesta convocada por SOS Sanidade Pública este domingo en Santiago, denunciando listas de espera récord e a mala xestión da Xunta.




