Novas de Vigo
A Rede Galega Contra a Trata alerta en Vigo da normalización do sugardating e do acceso temperán á pornografía
A XV Xornada «O Prezo do Clic» rematou cun monólogo da actriz e cómica viguesa Arantxa Treus, que puxo o broche final ao encontro cunha proposta de humor para abordar realidades sociais complexas
Aproban un orzamento de 2,37 millóns para ampliar as urxencias do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
A actuación permitirá reorganizar os circuítos asistenciais, ampliando a capacidade de atención e habilitando novos espazos para os pacientes
Iago Aspas recibe a homenaxe da provincia de Pontevedra nunha gala que reivindica o traballo colectivo no deporte
Máis de 700 persoas asistiron no IFEVI á Gala do Deporte 'Son porque somos', na que a Deputación puxo en valor o papel dos clubs, das familias e dos equipos técnicos nos éxitos deportivos
A Deputación pecha en Routes World contactos con seis compañías aéreas para impulsar novas conexións en Vigo
París, Londres, Milán ou Frankfurt, entre os destinos internacionais abordados nas reunións mantidas durante estes días na feira sectorial celebrada en Alemaña
Besteiro pon o exemplo de Vigo e reclama a Rueda alugueiros asequibles "para quen os necesita"
O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas levan anos pedindo un Banco Público de Alugueiro para sacar ao mercado as vivendas baleiras
Caballero reclama á Xunta e á Deputación un acordo urxente para financiar o Mundial 2030 en Vigo
O alcalde propón repartir a partes iguais os 107,5 millóns de euros necesarios para completar a candidatura e solicita unha reunión coas dúas institucións
Investigadores da UVigo obteñen antioxidantes da alfábega para conservar o lagostino cocido conxelado
Permitirían previr a oxidación lipídica sen comprometer a estabilidade e calidade dos alimentos
Caballero propón un convenio de 107,5 millóns de euros para financiar a candidatura de Vigo ao Mundial de 2030
O alcalde pide á Xunta e á Deputación de Pontevedra que acheguen, xunto co Concello, un terzo do investimento necesario para completar as infraestruturas
Vigo súmase ás acampadas pola vivenda cunha protesta indefinida na Alameda
Unhas 25 persoas, repartidas en 17 tendas de campaña, pasaron a noite na contorna da Alameda para reclamar vivendas dignas a prezos accesibles
Ecoloxistas en Acción denuncia a contaminación do aire en Matamá polas emisións de Stellantis e alerta de efectos na saúde
Un informe detecta superacións dos valores recomendados pola OMS para partículas PM2,5 e dióxido de nitróxeno, mentres unha enquisa a 117 veciños revela que o 44 % declara padecer algunha enfermidade crónica analizada
Máis de 500 profesionais reuniranse en Vigo para poñer en valor o papel das vacinas
O XIII Congreso da Asociación Española de Vacinoloxía celebrarase do 14 ao 17 de outubro e abordará, entre outros temas, o repunte do sarampelo, as novas vacinas e a aplicación da intelixencia artificial
O BNG reclama á Xunta e ao Concello de Vigo maior respaldo económico para o futuro de Conxemar
A formación nacionalista esixe compromisos concretos para avanzar na ampliación do recinto feiral e reclama unha maior achega económica das administracións diante da difícil situación que atravesa o sector
Estudantes do Colegio Hogar Afundación de Vigo retiran case tres toneladas de unlla de gato na contorna do Parador de Baiona
Máis de medio cento de escolares deste centro vigués participaron nunha xornada de voluntariado ambiental para frear o avance desta especie exótica que ameaza a costa galega
Caballero alerta que o encoro de Eiras rexistra o seu peor nivel histórico
O alcalde pide á cidadanía manter o máximo aforro de auga ante unha situación de seca “moi severa” e esixe á Consellería actuar “de forma inminente”
Conxemar bate o seu récord de expositores e reclama ampliar o Ifevi para seguir medrando
A feira internacional de produtos do mar conxelados reúne esta edición 836 empresas e aspira a superar os 30.000 visitantes do ano pasado
O BNG de Vigo esixe a Caballero que deixe de ser cómplice e actúe contra os pisos turísticos
A fronte nacionalista reclamará no Consello da Xerencia de Urbanismo información sobre inspeccións, sancións e expedientes contra vivendas de uso turístico ilegais
A acampada pola vivenda completa a súa segunda xornada no Obradoiro á espera das mobilizacións deste sábado
A protesta do Obradoiro terá continuidade este sábado con novas mobilizacións convocadas en diferentes cidades galegas
Eventos
Ecoloxistas reúnense en Vigo para facer un estudo da situción arbórea e propoñer melloras
O Ecomapeo Estatal “Aquí falta unha árbore!” celebrarase os días 3 e 4 de outubro. A iniciativa dá continuidade á Termometrada 2025
Arranca a primeira Copa Deputación de Pontevedra de futsal co sorteo da primeira edición
O torneo arrincará o próximo 12 de outubro e finalizará o 30 de maio coa disputa das finais nas tres categorías
O BNG de Vigo ogra o apoio do Pleno para a fin das peaxes na AP-9 e a anulación da "prórroga ilegal"
A moción da fronte nacionalista insta tamén ao Goberno galego do PP a deixar de “boicotear” a transferencia a Galiza tras a recente aprobación da lei de transferencia
O Galician Freaky Film Festival pecha a décima edición con máis de 5.000 asistentes
O certame entregou os seus premios na gala de clausura e incorporou nesta edición unha competición de longametraxes, novas actividades profesionais e propostas internacionais
As familias da escola infantil Vila Laura de Vigo reclaman unha mestra de apoio cunha concentración
A CIG-Ensino, que apoiou a mobilización convocada pola ANPA, esíxelle á Consellaría de Educación que atenda as demandas dos centros
'Noites do Porto Recomenda' amplía o seu mapa musical con novas citas en Vigo e Santiago
O ciclo incorpora os directos de ELLiS·D e EMEL en Vigo e de Sharp Pins en Santiago, onde tamén actuará Temples en novembro
A grada de Tribuna de Balaídos levará o nome de Iago Aspas
O alcalde anunciou este mércores a decisión en recoñecemento á súa traxectoria deportiva e á súa vinculación coa cidade de Vigo










