GaliciaXa
GaliciaXa
O VII Rally da Mariña arrinca este venres en Viveiro con máis de 100 vehículos inscritos e 286 quilómetros de percorrido por cinco concellos da comarca.
A cita automobilística celébrase entre Viveiro, O Vicedo, Ourol, Cervo e Xove cun percorrido total de 286 km e máis de 88 cronometrados.
GaliciaXa
Nadiia Zholtikova, do Club de Loita Pontevedra, loitará por unha praza para o Europeo U17 no torneo internacional de Bucarest
A campioa de España U17 en 49kg competirá nesta ocasión en -53kg, nun torneo internacional con 300 atletas de 20 países. A loitadora do CGTD de Pontevedra aspira a clasificarse para o Europeo U17 de Skopje.
O Encontro Mundial de Humorismo chega ao seu fin con máis de 20.000 persoas asistentes
Nunha quinta edición con máis de 20 funcións ou propostas programadas durante once xornadas
GaliciaXa
A alcaldesa recibe a Kip Thorne, premio Nobel de Física, no inicio da súa visita a Santiago no marco do Programa ConCiencia
A alcaldesa recibiu ao premio Nobel de Física Kip Thorne, que visita Compostela para impartir unha conferencia no marco do Programa ConCiencia e que se amosou abraiado pola beleza da cidade.
GaliciaXa
Vigo reafirma o seu compromiso co ciclismo na quinta edición da Copa Vigo, que pecha a Copa de España Elite e Sub-23
Abel Caballero reafirma o apoio de Vigo ao ciclismo ante a celebración da quinta edición da Copa Vigo, que o 18 de maio porá o broche á Copa de España Elite e Sub-23 cun duro e espectacular percorrido por 13 concellos.
O BNG insta ao Goberno a actuar ante as denuncias laborais nas obras do tren a Punta Langosteira
Néstor Rego traslada o apoio ás traballadoras e traballadores afectados ante a actitude "inxustificábel" da UTE
GaliciaXa
A provincia da Coruña mantén o seu liderado ambiental con 39 praias con bandeira azul en 2025
Arteixo, A Coruña, Oleiros e Ferrol volven destacar como concellos comprometidos coa calidade ambiental e os servizos no litoral
Tomé será proclamado secretario xeral dos socialistas lucenses no quinto Congreso provincial
A cita celebrarase este sábado 10 de maio, en horario de mañá, no Hotel Torre de Núñez de Lugo
GaliciaXa
Espinosa critica o abandono da saúde mental en Galicia e denuncia o ocultismo nas listas de espera
A viceportavoz do PSdeG acusa ao Goberno galego de ocultar a realidade das listas de espera e denuncia a falta de compromiso coa saúde mental, especialmente no tratamento das condutas suicidas.
GaliciaXa
A CIG alerta dun mercado laboral precario en Galiza, con alta temporalidade e salarios baixos
A CIG denuncia que o mercado laboral galego continúa atrapado na precariedade, cun 65% de contratos temporais ou fixos descontinuos e coa hostalaría como motor de emprego estacional, sen actualizar convenios.
GaliciaXa
Mondra lanza DE RONDA, un disco que explora os estados do corpo desde a sedución ata o amor propio
O novo álbum do cantareiro e bailador xa está dispoñible nas plataformas dixitais e presentarase esta fin de semana en dobre concerto na Sala Capitol.
Luis Fonsi e Diego el Cigala completan o cartel do Son do Nordés 2025
As súas actuacións terán lugar no auditorio ao aire libre do parque de Santa Margarida durante o mes de xullo
GaliciaXa
Conxo celebra en maio o centenario da súa anexión a Compostela e unha nova edición da Festa do Banquete
O barrio de Conxo será protagonista do mes de maio coa conmemoración dos 100 anos da súa anexión a Santiago e coa VI edición da Festa do Banquete, do 23 ao 25, cun amplo programa de actividades.
GaliciaXa
O Correlingua reunirá a 1.800 estudantes en Vigo baixo o lema “A mocidade activa. Por unha lingua viva”
A 25ª edición do Correlingua celebrarase o 9 de maio cunha marcha pola cidade de Vigo, desde a Praza do Rei ata Castrelos, coa participación de 1.800 escolares e actuacións de Paco Nogueiras e Pauliña.
GaliciaXa
Besteiro denuncia que o PP bloquea os apoios fronte aos aranceis e frea as renovables “mentres Rueda cala e Galicia perde”
O secretario xeral do PSdeG denuncia a obstrución do PP a medidas clave como o fondo industrial europeo fronte aos aranceis de Trump e critica o silencio de Rueda ante unha estratexia que prexudica os intereses galegos.
GaliciaXa
A Xunta aproba o Pladiga 2025 con máis investimento en formación, novas funcións operativas e medidas de prevención nos parques naturais
A Xunta destinará 1,8 millóns de euros á formación e adestramento do persoal de loita contra incendios no período 2025-2026, cunha previsión de 3.500 cursos. O Pladiga incorpora a figura do xefe/a de loxística e novas ferramentas de prevención nos parques naturais.
GaliciaXa
Rueda destaca o labor de emerxencias, sanidade e seguridade que permitiu superar o apagón sen incidentes graves
O presidente da Xunta salientou a resposta exemplar do persoal sanitario, de emerxencias e seguridade durante a crise eléctrica, e pediu explicacións ao Goberno central para evitar que se repita.
GaliciaXa
A Deputación abre hoxe o prazo para solicitar as axudas ás reservas da biosfera
Hai dúas liñas de destinadas ás entidades asociativas que teñen o seu ámbito de actuación no territorio das Terras do Miño e Os Ancares Lucenses
O músico Alan Parsons actuará no Palacio da Ópera da Coruña en xuño de 2025
O emblemático músico, recoñecido mundialmente e gañador dun premio Grammy, chega á cidade herculina
GaliciaXa
O Concello asistirá a Las Rozas o luns 12 de maio para esixirlle á Federación Española coñecer “absolutamente todo” sobre a selección de sedes
Abel Caballero asegura que Vigo defenderá por vía xudicial a súa inclusión como sede e advirte que “non hai confidencialidade nun concurso público”.
GaliciaXa
Besteiro defende un PSdeG “centrado no que importa” fronte a quen “só mira para Madrid” e aos que levantan bandeiras soberanistas
O líder dos socialistas galegos pechou o Congreso Provincial do PSdeG en Pontevedra apostando por un proxecto centrado na maioría social e na recuperación da Deputación, fronte ás forzas que “só miran para Madrid” ou levantan “bandeiras soberanistas sen futuro”.
GaliciaXa
O Goberno investirá máis de 5 millóns de euros en melloras no paseo da ría do Burgo
Pedro Branco anunciou que o Ministerio para a Transición Ecolóxica ten en marcha un proxecto integral na contorna da ría do Burgo que inclúe a prolongación do paseo, reparacións de pavimentos, novas pasarelas e carrís bici, dando resposta ás demandas dos municipios da área da Coruña.
As xogadoras do equipo cadete do Club Baloncesto Culleredo son campioas galegas
Proclamáronse vencedoras nun partido fronte ao Celta Baloncesto e acadan o billete para o Campionato de España
GaliciaXa
Miguel Poveda interpreta en Vigo o Poema del cante jondo de Lorca nun concerto íntimo e flamenco
O cantaor flamenco Miguel Poveda presentará o 9 de maio no Teatro Afundación de Vigo a súa versión musicalizada do Poema del cante jondo, acompañado do guitarrista Jesús Guerrero.




