GaliciaXa

Besteiro reclamaralle a Rueda que abandone o “non” á condonación da débeda que lle ordena Feijóo en contra dos intereses de Galicia

O líder socialista esixirá no Pleno que o presidente da Xunta acepte a condonación de 4.010 millóns de euros para liberar recursos en sanidade, educación e dependencia. Elena Espinosa reclama reforzar o persoal sanitario para reducir listas de espera e mellorar a atención ante o aumento de agresións ao persoal. O PSdeG tamén presentará iniciativas en vivenda, igualdade e o impacto da expansión do xabaril.
GaliciaXa

A Xunta abre ata o 13 de marzo o prazo para que os concellos soliciten axudas para obras de eficiencia enerxética

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou o centro sociocultural Outeiro de Chanteiro, en Ares, onde lembrou que os concellos de menos de 30.000 habitantes poden optar a estas axudas da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, dotadas con 5 millóns de euros para os anos 2025-2026. As achegas cubrirán ata o 80% dos custos das melloras en illamento, iluminación interior e climatización, cun límite de 120.000 euros por proxecto.
GaliciaXa

A Copa Deputación escolle os equipos que xogarán en oitavos

Dentro do grupo de Terceira, pasarán á seguinte fase Goiriz, Cazás, Castroverde e Corgo, mentres que en Segunda seguirán San Roque, Riotorto, Becerreá, Santa Comba, Cabreiros, Folgueiro, Lemos B, Paradela, O Páramo, A Piringalla, Brollón e Pontenova
0.65176606178284