GaliciaXa
GaliciaXa
Rafa Domínguez presenta o Torneo do Ano 2025 a favor da Asociación Española Contra o Cancro
A terceira edición do evento celebrarase en abril no campo de fútbol Manolo Barreiro e contará coa participación de 16 equipos amateurs e influencers do ámbito deportivo
GaliciaXa
A Xunta reforza o apoio ás agrupacións de Voluntarios de Protección Civil na Coruña
A delegada, Belén do Campo, destacou o labor destas agrupacións para reforzar os servizos de emerxencias da comunidade
GaliciaXa
O DOG publica o decreto para o pagamento da axuda complementaria aos perceptores de pensións non contributivas
Arredor de 36.500 persoas recibirán nas súas contas bancarias unha axuda de 218 euros nun único pago anual. A Xunta destina 8 millóns de euros a esta prestación complementaria, que se abona de oficio sen necesidade de solicitude.
GaliciaXa
Martina Aneiros anima a solicitar as novas axudas da Xunta para a innovación e sustentabilidade do comercio local e artesanal
A delegada territorial da Xunta en Ferrol visitou hoxe a Xoiaría Rosende, beneficiaria da pasada convocatoria, para destacar os avances logrados coa subvención autonómica. A nova orde de axudas da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración está dotada con 3,9 millóns de euros e pode solicitarse ata o 26 de marzo.
GaliciaXa
Besteiro reclamaralle a Rueda que abandone o “non” á condonación da débeda que lle ordena Feijóo en contra dos intereses de Galicia
O líder socialista esixirá no Pleno que o presidente da Xunta acepte a condonación de 4.010 millóns de euros para liberar recursos en sanidade, educación e dependencia. Elena Espinosa reclama reforzar o persoal sanitario para reducir listas de espera e mellorar a atención ante o aumento de agresións ao persoal. O PSdeG tamén presentará iniciativas en vivenda, igualdade e o impacto da expansión do xabaril.
GaliciaXa
Convocada unha nova edición das bolsas de posgrao Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas
Son dúas cun límite máximo de dotación de 40.000 euros cada unha para a realización dun máster ou tese doutoral nunha universidade de recoñecido prestixio nacional ou estranxeira
GaliciaXa
O PSdeG premia a Mari Lires e ao Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia polo seu compromiso coa igualdade
Os Premios de Igualdade Maruja Vázquez Suárez recoñecerán este ano o labor da científica e docente Mari Lires e do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. A entrega terá lugar o venres 7 de marzo en Santiago de Compostela, coincidindo co inicio do Congreso Nacional do PSdeG, e incluirá unha homenaxe a Paula Alvarellos polo seu compromiso feminista.
GaliciaXa
María Rivas reivindica os avances do Goberno en materia laboral e social co feminismo e a igualdade como eixos transversais
A subdelegada do Goberno na Coruña destacou medidas como a ampliación dos permisos de maternidade e paternidade, a suba do salario mínimo e a redución da fenda salarial, incidindo directamente na calidade de vida das mulleres.
A Xunta destaca a importancia da produción de grelos na nosa comunidade na XIX Expogrelo de Abadín
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, e o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participaron neste evento que pon en valor este produto agroalimentario clave na gastronomía galega
GaliciaXa
Sanidade promove unha xornada de concienciación sobre a prevención e o tratamento da obesidade
No marco da conmemoración do Día Mundial da Obesidade, a Consellería de Sanidade organiza unha xornada de sensibilización para fomentar hábitos de vida saudables e xerar un cambio cultural na forma de afrontar esta problemática de saúde.
Música, teatro e ballet na programación de marzo do Teatro Afundación, que presenta 10 espectáculos e 14 funcións
A programación do mes inclúe grandes citas como Godspell, O Musical, cinco representacións teatrais, dous concertos de música popular, un de clásica e a posta en escena de Romeo e Xulieta polo Ukrainian Ballet Theater Premiera.
Falece a alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, despois de sufrir un infarto
O Concello de Lugo declara tres días de loito oficial no termo municipal desde as 13.00 horas do día de hoxe, sábado, 1 de marzo, ata as 13.00 horas do martes 4 de marzo
GaliciaXa
A Deputación incrementa ata os 500.000 euros as liñas de axuda ao tecido cultural de base
A Xunta de Goberno aprobou este venres as bases das convocatorias de axudas para asociacións, dirixidas ao desenvolvemento de actividades culturais e á mellora dos locais
A Deputación inviste 1,12 millóns de euros en sete estradas que pasan por once concellos
As vías están en Lugo, O Corgo, Guitiriz, Xermade, Vilalba, Trabada, As Nogais, Cervantes, Pedrafita, Guntín e Friol
A Universidade da Coruña, vencedora do IV Campionato Galego Universitario de Vela
A competición reuniu nove tripulacións e 35 estudantes das tres universidades públicas galegas
GaliciaXa
O Parlamento aproba unha proposta para esixir á Xunta que garanta a apertura ao público dos Bens de Interese Cultural
A Comisión de Cultura do Parlamento aprobou unha proposición non de Lei presentada polo Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que cumpra coa Lei do Patrimonio Cultural de Galicia e garanta que os BIC poidan visitarse gratuitamente catro días ao mes.
A CIG convoca sete xornadas de folga en Vestas Eólica para reclamar condicións laborais e salariais dignas
Os paros afectarán aos centros de Vestas en A Coruña, Viveiro e A Estrada, coincidindo co inicio da folga cunha concentración en Viveiro
GaliciaXa
O Colectivo de Xubilados e Pensionistas mobilízase por un SAF con recursos e persoal suficiente
Reclaman unha atención digna á dependencia e un Servizo de Axuda no Fogar (SAF) público e ben dotado para garantir os dereitos das persoas maiores e dependentes.
GaliciaXa
O Entroido galego será declarado Ben de Interese Cultural nos vindeiros días
O obxectivo, asegurou o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, é “darlle o xusto valor e recoñecemento a unha das celebracións máis estendidas, queridas e populares de Galicia”
Luis López anuncia case 800.000€ en axudas para apoiar eventos deportivos e convertelos nun escaparate da provincia
A Deputación de Pontevedra activa tres liñas de apoio económico para clubs, federacións e entidades organizadoras de eventos deportivos, cun total de 670.000€ en subvencións e 100.000€ para competicións de interese turístico.
GaliciaXa
Besteiro censura a “farsa” do Goberno galego no Consello de Política Fiscal: “Rueda vai ter moito que explicar”
O líder socialista acusa ao presidente da Xunta de antepoñer os intereses de Feijóo aos de Galicia e advirte que os deputados do PP deberán decidir no Congreso se apoian ou non a condonación da débeda.
GaliciaXa
Meteogalicia amplía a súa web cunha nova sección de clima que ofrece datos meteorolóxicos desde o ano 2000
A actualización permitirá consultar de forma rápida valores medios e extremos de temperatura, precipitación ou vento en calquera punto con estación meteorolóxica
O BNG reclama á Xunta medidas urxentes para protexer a igrexa de Santa María do Azougue
Tras o vídeo difundido en redes sociais que mostra un guindastre elevando unha pequena formigoneira ata o tellado da igrexa
A Coruña acolle a estrea do espectáculo 'Os sete pecados capitais' con máis de 100 estudantes
Alumnado procedente de centros artísticos e de FP dan vida a esta representación de Kurt Weill




