GaliciaXa
GaliciaXa
Lara Méndez reclama á Xunta políticas útiles e urxentes para o sector primario e o relevo xeracional
A deputada do PSdeG critica que o sector primario precisa medidas eficaces fronte á crise de prezos, o impacto do acordo UE-Mercosur e a falta de apoio real á incorporación de mozos e mozas
A Xunta lanza a campaña “Nestas datas, que non sobren as sobras!”
A iniciativa inclúe accións nos mercados municipais e promove o aproveitamento dos alimentos con receitas e consellos prácticos
GaliciaXa
A Xunta, Asaga e Unións Agrarias asinan unha declaración conxunta para reforzar as garantías do sector primario
O Executivo galego e as organizacións agrarias reclaman controis reforzados en fronteira, auditorías en orixe e a aplicación efectiva das cláusulas de salvagarda do tratado UE-Mercosur
GaliciaXa
O PSdeG impulsará unha declaración institucional para que só os centros especiais sen ánimo de lucro sexan economía social
José Ramón Gómez Besteiro comprométese a promover no Parlamento galego unha declaración que recoñeza como economía social unicamente os centros especiais de emprego de iniciativa social, sen ánimo de lucro.
GaliciaXa
A RAG presenta o programa de celebración das Letras Galegas dedicadas a Begoña Caamaño
O calendario de actos presenciais da RAG dedicados á divulgación da súa figura e obra arrincará en Vigo o 2 de marzo no CEIP O Pombal
Lugo acollerá a 26ª edición do Congreso Internacional de Xeriatría e Xerontoloxía
A cita, que terá lugar os días 22 e 23 de maio, centrará unha mesa redonda nas políticas provinciais de atención ás persoas maiores no medio rural
GaliciaXa
Vigo prepara un Entroido “magnífico” con seis días de celebración
A cidade acollerá seis días de festa entre o 13 e o 18 de febreiro con desfile de comparsas, concertos, concurso de disfraces e queima do Meco. A actuación da Orquestra París de Noia trasládase ao 20 de febreiro pola previsión de choiva.
GaliciaXa
Espinosa pide garantir equidade real no acceso a diagnóstico e tratamento para persoas con enfermidades raras
A deputada socialista Elena Espinosa reclama recursos suficientes e aplicación efectiva da Estratexia Galega de Enfermidades Raras para asegurar igualdade no acceso a prevención, diagnóstico e tratamento.
GaliciaXa
A Xunta detecta un novo foco de gripe aviaria en aves silvestres en Moaña
A Consellería do Medio Rural confirmou un novo caso de influenza aviaria de alta patoxenicidade nunha gaivota en Moaña. Non hai casos en aves de curral en Galicia e seguen vixentes as medidas preventivas en todo o Estado.
O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense custodiará seis moedas históricas de enorme valor patrimonial
Foron adquiridas da colección numismática privada de Antonio Orol e constitúen un valioso testemuño material tanto do Reino Suevo en Galicia como de etapas posteriores do medievo e da Idade Moderna
GaliciaXa
O BNG denuncia “caos” pola improvisación do PP na implantación da oficina xudicial
O deputado do BNG Iago Tabarés alerta de desorganización, falta do programa Atenea e expedientes amoreados nos tribunais de instancia tras a implantación da nova oficina xudicial nas sete cidades.
17º Graos Ribeira Sacra confirma aos artistas que participarán no décimo aniversario
The Divine Comedy, Sidonie, Baiuca, Anni B Sweet, Puño Dragón, Vera Fauna, Los Invaders y Mariagrep & Mundo Prestigio, poñerán a música nunha edición moi especial
A provincia de Ourense permanece en alerta polo estado da rede viaria a causa das intensas choivas
As autoridades advirten dun aumento significativo dos caudais e piden aos condutores precaución ante o estado actual das estradas na provincia e posibles novos asolagamentos
GaliciaXa
O alcalde anima a participar no XXVI Foro Tecnolóxico de Emprego organizado coa Uvigo
As facultades de Enxeñería Industrial e de Minas acollerán os días 24 e 25 de febreiro a vixésimo sexta edición do Foro Tecnolóxico de Emprego, que promove o contacto directo entre estudantes e empresas.
Lugo acollerá o XV Taller de Nutrición en pacientes con enfermidade renal crónica os días 10 e 11 de abril
O Vello Cárcere será a sede dun encontro de ámbito estatal dirixido polo doutor Secundino Cigarrán e avalado pola Sociedade Española de Nefroloxía
GaliciaXa
CCOO desconvoca a folga de trens tras acadar un acordo que reforza a seguridade e o emprego no sector ferroviario
O sindicato CCOO anunciou a desconvocatoria das xornadas de folga previstas para os días 10 e 11 de febreiro tras acadar un acordo no Ministerio de Transportes que inclúe máis investimento, reforzo de persoal e medidas para mellorar a seguridade ferroviaria.
GaliciaXa
Rueda anuncia un investimento de 2.000 millóns ata 2030 para acadar 10.000 vivendas públicas co II Pacto de Vivenda de Galicia
O presidente da Xunta participou en Pontevedra na sinatura do II Pacto de Vivenda de Galicia 2026-2030, que mobilizará 7.000 millóns de euros entre fondos públicos e privados e permitirá xerar ou manter preto de 60.000 empregos.
David González Vázquez completa a súa titulación europea de arbitraxe en Limassol
O árbitro internacional galego acadou a máxima categoría continental durante o Campionato de Europa de karate nas categorías cadete, júnior e U21
GaliciaXa
Pedro Blanco destaca o papel do investimento estatal nun momento decisivo para o futuro de Lugo
O encontro serviu para analizar de maneira conxunta as principais liñas de actuación e prioridades da provincia
Fiestra Aberta, unha xanela sonora á diversidade musical
O ciclo musical ofrecerá de marzo a maio seis concertos con novos proxectos de Antía Muíño, SÉS, Rocío Márquez, Xan Campos, Pablo Sanmamed e Su Garrido Pombo
GaliciaXa
Os sindicatos do ensino acordan coa Xunta a redución do horario lectivo
CCOO Ensino, ANPE, CSIF e UGT-SP asinan unha addenda ao acordo de melloras que permitirá aplicar a redución do horario lectivo do profesorado a partir do curso 2026-2027
GaliciaXa
Rueda anuncia que a Xunta incrementa un 50 % o orzamento do Bono Emancípate
A segunda edición do programa contará cun orzamento de 3 millóns de euros, un millón máis ca en 2025, e permitirá apoiar á mocidade nos primeiros gastos do fogar
GaliciaXa
Rueda destaca un investimento adicional de 150 millóns de euros no Servizo de Axuda no Fogar
A Xunta e a Fegamp asinan un acordo que incrementa progresivamente o financiamento por hora do SAF e que o presidente galego cualifica como exemplo de colaboración institucional
GaliciaXa
O PSdeG acusa a Rueda de enganar ás familias coa dedución do material escolar
Aitor Bouza advirte de que parte das 60.000 familias anunciadas pola Xunta quedarán fóra por non aclarar que o pago en efectivo non permitía desgravar




