Asociacións
A ACR Collantres reforza a antiga escola de Queirís cun novo almacén auxiliar
A entidade incorporou unha construción anexa ao galpón exterior do seu local social, na Antiga Escola de Queirís, nunha actuación subvencionada pola Deputación da Coruña
Down Lugo, 30 anos promovendo a inclusión e a autonomía das persoas con síndrome de Down
A asociación traballa para mellorar a calidade de vida das persoas con síndrome de Down e das súas familias, promovendo a autonomía, a inclusión social e a participación activa na comunidade
Down Ourense conmemora o Día Mundial do Síndrome de Down promovendo a sensibilización entre o alumnado
O alumnado do Colexio Plurilingüe Divino Mestre e do CEIP Curros Enríquez de Celanova participou esta semana en actividades para romper estereotipos cara ás persoas con esta alteración cromosómica
Acampa bota o peche en Galicia tras nove anos de defensa dos dereitos humanos
O movemento acordou en asemblea cesar a súa actividade na comunidade e poñer fin a unha etapa que converteu A Coruña nun referente do xornalismo humanitario e do dereito a refuxio, mentres o proxecto continuará en Brasil da man da profesora Célia Regina Rossi
A veciñanza de Nogueira de Ramuín participou nun taller de Ecopercursión da man da Asociación Ecos de Moura
O encontro, que abriu o calendario de actividades socioculturais 2026 da asociación, estivo dirixido polo músico e percusionista Didier Díaz
Un novo plató en Pocomaco abre vías para o emprendemento audiovisual e a economía social
A Deputación da Coruña apoia con 7.622,80 euros a posta en marcha do Espazo Audiovisual Mans, promovido pola Fundación Paideia no seu centro de iniciativas empresariais
A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica leva ao Goberno a batalla polas indemnizacións do Pazo de Meirás
A ARMH rexistrou este venres, 13 de marzo, un escrito na Presidencia do Goberno no que pide sancións para a familia Franco polo uso durante décadas do inmoble de Sada e reclama que se combata a compensación económica recoñecida polo Tribunal Supremo
Ecos de Moura organiza unha nova edición do seu taller de Ecopercusión
Será o 14 de marzo na Escola de Moura e será necesaria inscrición previa
FAPA Ourense reforzará a seguridade nos servizos de almorzo e comedor escolar con dispositivos antiatragantamento
A medida afecta aos servizos de atención temperá que a federación presta nos colexios CEIP A Ponte, Mestre Vide e Curros Enríquez, así como ao comedor do CEIP Curros Enríquez
ALCER Ourense amplía a dúas semanas a conmemoración do Día Mundial do Ril cun programa de sensibilización e actividades solidarias
A campaña combinará información sanitaria, nutrición, deporte e divulgación para reforzar a prevención das enfermidades renais
COGAMI reforza a colaboración con sete concellos ourensáns para impulsar a inclusión de persoas con discapacidade
As accións realizáronse cos equipos municipais de servizos sociais en Toén, Paderne de Allariz, Pereiro de Aguiar, Taboadela, Coles, San Cibrao das Viñas e Barbadás
ALCER Ourense alcanza o seu maior número de socios en máis de catro décadas
A entidade conta actualmente con 175 persoas inscritas en algún dos seus servizos, tras pechar o pasado ano con 39 novos asociados
Toño López, de Castro de Rei de Lemos: “O obxectivo é que nos xuntemos e teñamos unha relación próxima”
Falamos co presidente da Asociación Cultural Castro de Rei de Lemos, Antonio López Rodríguez, que leva 25 anos promovendo a actividade nesta parroquia de Paradela
A Deputación abre 225.000 euros en axudas para asociacións veciñais e de mulleres co foco no rural
O prazo para pedir as subvencións remata o luns 16 de febreiro, ás 14.00 horas, e a tramitación faise por vía telemática a través de SUBTEL
A Mancomunidade de Ordes leva ás aulas a ‘Escola de Novos Cooperativistas’ para promover emprendemento con valores
O programa achégalle á mocidade o cooperativismo e a economía social con actividades prácticas e traballo en equipo, e arrinca con sesións en centros de Ordes, Oroso e Tordoia
A veciñanza de Eirís inicia unha rolda de xuntanzas para frear as expropiacións ligadas ao PIA de Monte Mero
A asociación Uxío Carré busca apoios e recolle sinaturas mentres alerta do impacto sobre 38 vivendas e arredor de 180 persoas
O Banco Solidario de Produtos de Apoio axudou en 2025 a 60 familias en situación de dependencia en Culleredo
O recurso, impulsado por Agaela e o Concello de Culleredo, presta de balde material como camas articuladas, grúas de traslado ou cadeiras de ducha e anima a aumentar as doazóns
Eventos
OcioenGalicia
LXVI Festa da Lamprea de Arbo
OcioenGalicia
Cruceiro Fest en Santiago
OcioenGalicia
La ópera 'La voz humana' en Santiago
OcioenGalicia
Programación del Aula da Natureza en Ames
OcioenGalicia
Guerreras K-Pop: El Musical en Vigo
OcioenGalicia
Zootrópolis, el musical en Vigo
Aspnais fai 60 anos de vida e continúa cun obxectivo claro: “Seguir mellorando a calidade de vida dos usuarios”
José Reigosa, presidente da asociación de axuda a persoas con discapacidade intelectual (ASPNAIS) de Lugo desde o no 2013, pon en valor estes 60 anos de traballo na sociedade
Un veciño de Verea crea unha guía de Ourense da man da Asociación ApúntasTE
“Lugares de Ourense” busca, ademais de ser unha ferramenta terapéutica, dar visibilidade e voz ás persoas con autismo
Irixoa pon en marcha os 'Xoves de coidados' con saídas terapéuticas ao balneario de Guitiriz
O programa de envellecemento activo, en colaboración coa Deputación, ofrece unha xornada ao mes para persoas pensionistas de 60 ou máis anos con 30 prazas por sesión e un copagamento de 10 euros
A AVV do Ventorrillo pide cambiar a pechadura dunha porta forzada na rúa Alcalde Jaime Hervada
A asociación rexistrou unha incidencia ao advertir que se pode acceder sen impedimentos á zona traseira do número 29 e que as chaves quedaron inutilizadas
A Deputación da Coruña pecha as axudas de Política Social con máis de 330 solicitudes e 13,4 millóns de euros en xogo
As subvencións para 2026 repártense entre entidades e concellos e inclúen partidas para servizos sociais comunitarios, SAF, envellecemento activo e investimentos en centros
Dúas fundacións coruñesas afondan na relación entre a menopausa e o TDAH nunha xornada o 31 de xaneiro
A Fundación María José Jove e a Fundación Ingada reúnen profesionais de distintas especialidades para actualizar recomendacións terapéuticas e claves de prevención, con acceso de balde mediante inscrición previa
A Asociación Frei Canedo convoca unha nova edición do seu Concurso de Escaparates do Entroido 2026
O certame está aberto a todos os negocios da Ponte, que deberán decorar os seus escaparates con elementos relacionados co Entroido e coa figura de Frei Canedo




