Asociacións
Un podcast dará voz ás asociacións veciñais da Coruña e a súa área metropolitana
A Federación de Asociacións Veciñais impulsa 'Cultura Veciñal', un proxecto que tamén inclúe contacontos, actividades infantís e un encontro para reflexionar sobre a cultura nos barrios
A Asociación de Veciños de Torbeo estrea a cociña da escola cunha obra de teatro e unha festa veciñal
O encontro, celebrado durante a fin de semana, combinou unha representación teatral cunha comida popular e serviu tamén para recibir a tres novas familias chegadas á parroquia
A Ruta dos Bancos Violeta alcanza a súa sétima edición cun novo relevo entre Xove e Viveiro
A iniciativa de BUMEI Galicia percorre A Mariña Lucense para sensibilizar sobre a violencia de xénero e implicar aos concellos na súa erradicación
Asotrame invita a deseñar postais de Nadal para pacientes de cancro hematolóxico ingresados en hospitais galegos
A iniciativa 'Luces de colores' busca reunir tarxetas elaboradas pola cidadanía para levar ánimo e cariño ás persoas que pasarán as festas hospitalizadas; poderán entregarse ata o 4 de decembro
A asociación veciñal Concello de Cariño consegue 50.000 euros para o proxecto dun novo centro de día
A subvención, concedida a través das axudas LEADER xestionadas por Seitura 22, é a contía máxima desta liña e permitirá avanzar nunha iniciativa orzamentada en 128.720 euros
O Centro Social Ledoñés acusa o Concello de Culleredo de romper a colaboración e reclama un convenio para manter as instalacións
A entidade asegura que leva catro anos sen apoio económico municipal, denuncia a falta de resposta ás súas propostas de convenio e alerta de que non pode seguir asumindo en solitario os gastos de mantemento do edificio
As asociacións de Neda poderán optar a 16.000 euros en axudas para actividades culturais e deportivas
O Concello reserva 10.000 euros para iniciativas culturais e outros 6.000 para o deporte local. As entidades interesadas poderán presentar as súas solicitudes ata o 1 de decembro
Derradeiros días para anotarse na XV andaina solidaria de Nogueira de Ramuín a prol de AODEMPER
O prazo de inscrición remata o 18 de novembro, tres días antes de que se celebre a marcha benéfica
Un magosto con castañas, música e actividades infantís animará o sábado dos veciños de Xuvia
A AV Altea recupera a súa tradicional celebración o 14 de novembro cun taller de cabazas, música e comida e bebida gratuítas para as persoas asistentes
A Asociación Baltasar Pardal organiza en A Coruña unha charla sobre como envellecer con saúde
A terapeuta ocupacional e profesora da UDC Pilar Marante Moar impartirá a conferencia este venres, 13 de novembro, ás 19:30 horas, na sede da entidade
As comunidades de montes analizarán en Ortigueira como participar na repotenciación dos parques eólicos
A xornada 'Máis alá dos parques eólicos: comunidades e territorio' dará a coñecer experiencias galegas nas que os colectivos locais producen ou promoven a súa propia enerxía
Castro de Beiro acolle este mércores o magosto asociativo máis antigo de Ourense
A celebración, que se remonta a 1983, reunirá no Campo da Festa a centos de persoas arredor das castañas asadas, o polbo e a carne ao caldeiro
A Deputación da Coruña achega preto de 88.000 euros para mellorar o acceso ao centro de día de ASPACE en Sada
A ampliación da marquesiña de entrada permitirá que as 46 persoas con parálise cerebral que acoden ao centro poidan subir e baixar dos autobuses ao abeiro da chuvia
A Coruña reparte 58.641 euros entre 22 entidades veciñais para apoiar o seu funcionamento e as súas actividades
A convocatoria municipal concede 26 axudas para manter as sedes sociais e financiar programas culturais, deportivos e de dinamización dos barrios
Ferrol en Común reclama un tren digno e apoia a mobilización convocada polo Foro polo Ferrocarril
A formación denuncia o atraso das conexións ferroviarias da comarca e pide ás administracións que atendan as reivindicacións da sociedade civil, entre elas a resolución das alegacións do bypass
Cabanas convoca o seu primeiro Concurso de Luces de Nadal para premiar a decoración das vivendas
A iniciativa, organizada pola asociación El Pinar de la Magdalena e o Concello, establece tres categorías e terá aberto o prazo de inscrición ata o 30 de novembro
Paderne de Allariz aproba por unanimidade axudas de 250 euros para as asociacións veciñais
A medida, impulsada inicialmente polos socialistas, saíu adiante co respaldo de todos os grupos despois de ter sido rexeitada nunha votación anterior
Eventos
OcioenGalicia
Programa de Navidad de Vilalba
OcioenGalicia
Mercado de Primavera de O Valadouro 2027
OcioenGalicia
Nadal As Pontes
Barbadás ten aberta a convocatoria de axudas ás súas asociacións veciñais con 16.000 euros para 2026
O Concello destina ata 2.000 euros por entidade para impulsar actividades culturais, sociais, deportivas e formativas organizadas polos colectivos veciñais do municipio
A veciñanza da Coruña alerta dos problemas de mobilidade que pode provocar o novo transporte metropolitano
A Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana cuestiona a precipitación dos cambios que entran en vigor este martes coa apertura da Intermodal e reclama á Xunta máis información, coordinación e participación
Nogueira de Ramuín organiza unha nova edición da súa andaina solidaria a favor de AODEMPER
O Concello prepara a décimo quinta edición desta marcha benéfica, coas inscricións abertas ata o 18 de novembro
Soavila Rural abre as portas da súa leira en Carral para mostrar o seu proxecto de vida comunitaria e conexión coa natureza
A iniciativa, en Santa Baia de Cañás, propón unha xornada de tres horas e media para achegar ás familias un espazo no que se combinan o benestar, a educación ambiental, o contacto cos animais e o xogo libre na infancia
Unha xornada informativa achegará as comunidades enerxéticas á veciñanza de Vilasantar
O encontro celebrarase o xoves 5 de novembro, ás 20:00 horas, na Cámara Agraria de Présaras, e permitirá coñecer o proxecto Vilasantar Enerxía e o funcionamento deste modelo de cooperación
A Escola Veciñal da Coruña regresa con tres charlas sobre consumo, comunidades de propietarios e cultura
A Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana inicia este xoves a segunda edición do programa formativo, con sesións gratuítas ata o 26 de novembro no Centro Cívico do Birloque
As entidades sen ánimo de lucro poderán solicitar desde este xoves as axudas municipais de 2026
O Concello destina 4.000 euros a unha convocatoria para financiar actividades, equipamento e melloras nas instalacións das asociacións







