Concello
Monforte de Lemos pon en marcha este sábado a cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela
O establecemento atenderá tanto a quen acuda á piscina, o pavillón e o ximnasio coma a calquera veciño que queira pasar por alí
O PSOE denuncia que a Policía Local de Cambre só conta con catro axentes e reclama un plan urxente
Os socialistas responsabilizan a alcaldesa, Diana Piñeiro, da falta de planificación e piden reforzar tamén o Servizo Municipal de Emerxencias
A planta que abastece de auga a Buscás será renovada cun investimento de 1,87 millóns en Ordes
O Concello financiará o 20 % das obras e Augas de Galicia achegará o 80 % para modernizar a estación de tratamento de auga potable
O SendAres abre a inscrición para unha ruta circular de 11 quilómetros entre Ares e Cervás
A saída será o domingo 15 de novembro, terá dificultade baixa e un prezo de cinco euros; as prazas están limitadas a 25 participantes
A alcaldesa de Moeche reivindica en Bruxelas o dereito das mulleres a vivir e traballar no rural galego
Beatriz Bascoy presentou os proxectos de A Fusquenlla e do CEDES Rural TIC e reclamou que as axudas comunitarias teñan en conta as particularidades dos concellos rurais
A Rede de Concellos contra o Cancro suma unha nova adhesión na provincia da Coruña cun festival solidario en Cedeira
O Auditorio acollerá este sábado, ás 20:00 horas, unha nova edición de 'Cedeira canta contra o cancro', con actuacións de artistas e grupos locais e entradas a cinco euros
A biblioteca de Arteixo incorpora un mural de Manuel Suárez Casal para inspirar aos usuarios da aula de estudo
A obra, titulada 'O espertar da sabedoría', está inspirada na deusa Atenea e no coñecemento como fonte de claridade e reflexión
O paseo do río Mero renova cinco pasarelas cun investimento de máis de 870.000 euros
As obras esténdense ao longo de 17 quilómetros e inclúen melloras na sinalización, nas drenaxes e nos valados para recuperar un dos principais espazos naturais e de lecer de Cambre
O paseo marítimo de Cariño estrea 36 bancos e 40 papeleiras tras a renovación do mobiliario urbano
O Concello executa a actuación ao abeiro dun convenio coa Xunta e prevé asinar un segundo acordo para continuar mellorando os equipamentos públicos
Dúas ofrendas florais lembran en Valdoviño as vítimas da Guerra Civil e da ditadura franquista
Os actos tiveron lugar na praia da Frouxeira e en Pantín, onde tamén se homenaxeou o profesorado represaliado en 1936
Os negocios de proximidade e as grandes compañías suman 78 novas licenzas de actividade en Arteixo
Un total de 43 autorizacións corresponden a pequenos comercios e pemes, mentres que arredor dunha vintena están vinculadas a empresas dos polígonos de Sabón e Morás e ao porto exterior
Amoeiro comeza o cobro do recibo da auga correspondente ao terceiro trimestre de 2026
Os veciños teñen ata mediados de decembro para aboar a taxa sen recarga, xa sexa por domiciliación bancaria ou mediante o recibo enviado por correo
Carral e Cerceda dan o primeiro paso para regularizar a urbanización Monte Xalo e levar servizos públicos
Os dous concellos asinaron a primeira acta do deslinde, un trámite que tamén afecta a Culleredo e resulta imprescindible para modificar o planeamento urbanístico e avanzar no abastecemento de auga
O Pereiro de Aguiar renova locais sociais en tres parroquias e amplía as instalacións da Derrasa
O Concello investe preto de 60.000 euros na mellora de tres espazos veciñais e adquire un inmoble próximo ao local social da Derrasa para ampliar os seus servizos
O Club Natación Cedeira busca apoio provincial para manter a súa actividade durante as obras da piscina
O Concello solicitará á Deputación unha subvención de 39.024 euros, o 80% do custo dun proxecto deportivo de 48.780 euros que permitirá sufragar adestramentos, desprazamentos e competicións ata o terceiro trimestre de 2027
Actos vandálicos destrúen a decoración de cabazas do Festival Xuncrea en Xunqueira de Espadanedo
O Concello anuncia que repoñerá e compensará aos veciños que cederon as súas cabazas para decorar o claustro e que resultaron danadas tras o evento
O Concello de Ourense destinará máis de 211.000 euros a clubs e federacións deportivas da cidade
A modificación orzamentaria, aprobada en sesión extraordinaria, deberá pasar agora polo Pleno municipal para a súa aprobación inicial
Montederramo abre a convocatoria de axudas á natalidade para 2026 con 1.500 euros por nacemento ou adopción
O Concello pon en marcha un novo prazo de solicitudes dirixido a familias empadroadas que tivesen ou adoptasen un fillo durante este ano
Paderne prepara un novembro de actividades para sensibilizar contra a violencia de xénero
A programación polo 25N inclúe propostas culturais, obradoiros de autocoidado para mulleres e un acto central o día 25 con proxección audiovisual e unha charla sobre os recursos de atención ás vítimas
A recollida de lixo e a limpeza de rúas funcionarán en mínimos en Monforte de Lemos o 3 de novembro
A xornada coincide co día festivo do sector da limpeza, polo que se recomenda non sacar os residuos ata que o servizo volva á normalidade
A atención temperá de Culleredo recibirá 298.000 euros para funcionar ata 2028
A prestación ofrecerá máis de 10.000 horas de atención individualizada a menores de entre 0 e 6 anos e ás súas familias, cun equipo de tres profesionais de logopedia, terapia ocupacional e psicoloxía
A limpeza dos ríos urbanos prepara as canles de Fene para a temporada de choivas
Os traballos actuaron sobre o río Cádavo ao seu paso por Fene e Perlío, así como en cursos fluviais de Barallobre, Maniños e Limodre
O Concello do Carballiño saca a concurso a xestión do Camping Municipal por 20 anos
As empresas interesadas teñen de prazo ata o 27 de novembro para presentar as súas ofertas, que se valorarán en función do canon proposto e das melloras en novos aloxamentos
O PP de Valdoviño alerta da posible poxa da nave de Mourente e o Concello nega que estea embargada
Os populares reclamaron explicacións sobre a situación do inmoble, mentres que o Goberno local aclarou que foi incluído por erro nun procedemento de poxa dunha empresa e que xa foi retirado



