Concello
A Xunta reserva 1,51 millóns para reformar o CPI de Atios, pero deixa fóra o instituto de Valdoviño
O goberno local valora o investimento previsto nos orzamentos autonómicos de 2027, aínda que insiste en reclamar un centro de secundaria con oferta de FP básica para evitar que a mocidade teña que estudar fóra do municipio
Oleiros reclama unha lanzadeira á intermodal da Coruña para evitar que se alonguen as viaxes en autobús
O Concello pide unha conexión circular e continua entre o centro do municipio e a nova estación para evitar que os cambios nas liñas metropolitanas incrementen os tempos de desprazamento
Unha parcela estatal de 1.423 metros cadrados pasa a mans municipais para mellorar os servizos en Teixeiro
O terreo, situado na avenida de Sobrado dos Monxes, incorpora un almacén de 164 metros cadrados que se destinará a gardar materiais e maquinaria municipal
Vilas en Flor pode conceder a San Sadurniño a súa cuarta Flor de Honra
O xurado visitou os espazos verdes e as principais actuacións municipais para avaliar a candidatura, que inclúe melloras na Cortiña, nos xardíns do Pazo da Marquesa e na eficiencia enerxética e hídrica
María Barral denuncia que Betanzos volve quedar fóra dos principais investimentos da Xunta para 2027
A alcaldesa critica a ausencia de partidas específicas para infraestruturas, vivenda e servizos públicos, e anuncia que o goberno local presentará unha batería de emendas para incorporar as demandas do municipio aos orzamentos autonómicos
O galego, a debate en cinco mesas de traballo en Ferrol para actualizar o plan de normalización lingüística
O Concello organizará encontros entre o 28 de outubro e o 5 de novembro para analizar a situación do idioma e recoller propostas das entidades asociativas máis de vinte anos despois da aprobación do plan municipal
O Pereiro de Aguiar instala alumeado solar na zona do encoro de Cachamuíña
O Concello colocou 24 puntos de luz solares con telexestión nos accesos á senda, o punto de información e as zonas de parque da contorna do encoro
Monforte de Lemos licitará por primeira vez un Plan Xeral de Ordenación Municipal
O pleno do 26 de outubro debaterá o inicio dun proceso que se desenvolverá en seis fases ao longo duns seis anos, despois de dous intentos fracasados no pasado
A Peroxa pon límites á corta de madeira nos seus montes cunha nova ordenanza
O Concello aproba un novo marco normativo que condiciona a extracción de madeira ao cumprimento dunha serie de trámites e boas prácticas, con sancións que nos casos máis graves poden superar os 6.000 euros
Chandrexa de Queixa modifica o seu orzamento para destinar unha axuda á asociación Queixa Vive
O Concello reserva unha partida económica para apoiar o traballo que realiza esta entidade no municipio
Xunqueira de Espadanedo incorpora nova maquinaria de limpeza
O Concello adquiriu unha hidrolimpiadora viaria de alta presión grazas a unha achega do Fondo de Compensación Ambiental
Paderne prepara a entrega dos premios do seu primeiro certame de fotografía
A resolución do 'Paderne: Ollada o Paraíso' darase a coñecer o 24 de outubro nun acto aberto ao público coa participación da poeta Alba Cid
A hostalería de Cedeira prepara a sétima edición do certame Tapas de Outono
O concurso celebrarase do 13 ao 15 de novembro, con petiscos a tres euros, e os establecementos interesados poderán inscribirse ata o 14 de outubro
A mocidade de Ares xa pode poñer en imaxes a súa particular mirada sobre o municipio
O X Concurso de Fotografía Xuvenil admite traballos ata o 2 de novembro e premiará as mellores propostas con cámaras, tablets e lotes de libros
As tapas tradicionais e creativas volverán protagonizar o Concurso de Tapas Picadillo na Coruña
Os locais interesados poderán apuntarse ata o 21 de outubro e competirán do 20 ao 29 de novembro con propostas tradicionais e creativas
Narón inaugura o curso da Escola de Benestar cunha charla sobre o poder curativo das historias persoais
O psicólogo Javier Aznar ofrecerá unha conferencia gratuíta o sábado 17 de outubro no Pazo da Cultura para abordar como os relatos sobre as nosas experiencias inflúen na saúde emocional
Unhas 120 persoas volven saír á rúa en Miño para reclamar un transporte escolar digno
As familias denuncian que o autobús de 49 prazas volveu esta semana mentres reclaman unha solución estable para o alumnado
Eventos
Un novo arquivo municipal permitirá reunir nun só espazo a documentación pública repartida por Neda
O Concello licita por case 80.000 euros o acondicionamento do soto da Casa da Cultura, que tamén será utilizado como almacén e arquivo da biblioteca
Unha reclamación de 673.525 euros pon o foco nos pagos á Policía Local de Cambre
A liquidación provisional do Tribunal de Contas atribúe responsabilidades a catro cargos políticos e sinala tamén a antigos mandos policiais, mentres os afectados preparan recursos
As Somozas recupera o seu obradoiro de memoria para maiores de 60 anos
A actividade desenvolverase entre o 14 de outubro e o 16 de decembro e combinará exercicios cognitivos con actividades para combater a soidade
Ata 1.300 euros para aliviar os gastos de vivenda e enerxía dos fogares de Bergondo
O Concello abre ata o 2 de novembro o prazo para acceder a unhas axudas que permiten cubrir parte do alugueiro ou da hipoteca e ata catro facturas enerxéticas
A Biblioteca López Cortón de Cedeira recibe un premio estatal polo seu proxecto de animación á lectura
A iniciativa 'enCULTÚRAte, enCEDÉIRAte: Inspira Cedeira, Expira Cultura' foi unha das 370 seleccionadas polo Ministerio de Cultura na convocatoria María Moliner
O PSOE acusa a Jácome de pretender "mercar catro votos" cos dez millóns de euros en Bonos Comercio anunciados polo Goberno local
As socialistas preguntan polo impacto a longo prazo da medida e reclaman que parte do investimento se oriente a vivenda, comercio, accesibilidade e actividade económica
Unha nova edición do Concurso de Tapas de Outono busca conquistar os padais en Cedeira
O certame celebrarase do 13 ao 15 de novembro, con tapas a 3 euros, novos establecementos e votación do público para escoller a proposta gañadora










