28 de Xuño: garantir dereitos, combater a desigualdade

A CIG denuncia que non se aplican medidas reais para garantir a igualdade das persoas LGTBI nos centros de traballo e chama a participar nas mobilizacións convocadas con motivo do Día do Orgullo.
Libres
26 Jun 2025

Ante a conmemoración do 28 de Xuño, Día do Orgullo LGBT, a CIG denuncia a falta de medidas efectivas para avanzar na igualdade real e reitera que a Lei 4/2023, no ámbito laboral, quedou reducida a simples cláusulas declarativas e á negociación dun protocolo de acoso. Así mesmo, rexeita a censura que a Xunta de Galiza pretende impor nas actividades complementarias no ensino público coa introdución do que denomina "neutralidade ideolóxica". A central sindical chama a participar nas mobilizacións convocadas para o próximo sábado por diversos colectivos en Galiza e reitera o compromiso a esixir que se garantan os dereitos, combater a desigualdade, o odio e a hipocrisía dende os lugares de traballo.

Horas e lugares das mobilizacións

A Coruña: sábado 28, na Praza de Ourense, ás 19:30h
Compostela: sábado 28, na Praza 8 de marzo, ás 20h
Ferrol: sábado 28, na Praza de Amada García, ás 12h
Lugo: sábado 28, na Praza Horta do Seminario, ás 12h
Ourense: venres 27, na Praza Bispo Cesáreo, ás 20h
Pontevedra: sábado 28, manifestación, no Parque das Palmeiras, ás 20h
Vigo: sábado 28, ás 20h A Dobrada

⚙ Configurar cookies
0.28441405296326