Actualidade
Dase por controlado un incendio forestal en Manzaneda tras afectar a 32 hectáreas
O lume, declarado na parroquia de San Miguel de Bidueira, mantívose activo durante máis de 16 horas antes de quedar controlado esta mañá
Culleredo activa medidas de aforro de auga e pide coordinar os concellos que se abastecen de Cecebre
O Concello reduce as regas, os baldeos e o uso de fontes ornamentais ante a situación de escaseza
O comercio local de Sada lévase todos os premios do concurso de escaparates de Samaín.
Librería López, Panadería A de Pedro e Miluzzette son os 3 gañadores da sexta edición dp certame, organizado polo Concello para dinamizar o comercio local
As pioneiras do fútbol feminino de Crendes reciben a Medalla Emilia Pardo Bazán
A Xunta recoñeceu a traxectoria das mulleres que abriron camiño no deporte feminino no rural nun acto celebrado no Grove
Reábrese o tráfico na OU-406 baixo a vía do tren en Ribadavia
A estrada permanecera cortada dende o martes mentres se avaliaban os danos detectados nunha viga da ponte ferroviaria tras un accidente
A intermodal arranca entre queixas e o BNG leva ao Parlamento os problemas do bus metropolitano
A eliminación de paradas e a falta de información engádense ás denuncias por autobuses cheos, atrasos e frecuencias insuficientes que se acumulan desde hai meses na comarca da Coruña
GaliciaXa
Óscar Puente dimite como ministro de Transportes tras o accidente ferroviario de Urda
O ministro anunciou a súa saída ao rematar a súa comparecencia no Congreso, onde xustificou a decisión polos dous graves sinistros ferroviarios rexistrados en España en menos dun ano e tamén renunciou a concorrer nas listas do PSOE para o 29 de novembro
Dúas ofrendas florais lembran en Valdoviño as vítimas da Guerra Civil e da ditadura franquista
Os actos tiveron lugar na praia da Frouxeira e en Pantín, onde tamén se homenaxeou o profesorado represaliado en 1936
RibeiraSacraXa | OurenseXa
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil advirte dunha escaseza puntual de auga en varias zonas do Miño-Sil
FerrolXa
Ferrol volverá a reclamar un tren digno este sábado, 7 de novembro
O BNG reuniuse co Foro Cidadán polo Ferrocarril para trasladarlle o seu apoio á convocatoria e comprometerse a defender as melloras ferroviarias da comarca
A antiga estación de autobuses da Coruña manterá os servizos municipais mentres o BNG critica a apertura da Intermodal
O edificio de Cabaleiros e Pérez Ardá seguirá atendendo trámites de Mobilidade e Edificación, mentres a formación nacionalista denuncia que a nova infraestrutura comeza a funcionar sen tren nin aparcadoiro
A nova estación de autobuses da Coruña abre con críticas pola falta de información e servizos pendentes
O traslado desde a terminal da rúa Cabaleiros modifica os percorridos de cinco corredores metropolitanos e elimina varias paradas, ademáis de que comeza a funcionar sen o aparcadoiro de 600 prazas nin a conexión peonil directa cos trens
Besteiro reivindica en Ferrol a memoria democrática como defensa fronte ao avance da ultradereita
O secretario xeral do PSdeG celebra a declaración da cidade como Lugar de Memoria Democrática, que recoñece 22 espazos vinculados á represión franquista e á loita polas liberdades
Actos vandálicos destrúen a decoración de cabazas do Festival Xuncrea en Xunqueira de Espadanedo
O Concello anuncia que repoñerá e compensará aos veciños que cederon as súas cabazas para decorar o claustro e que resultaron danadas tras o evento
Paderne prepara un novembro de actividades para sensibilizar contra a violencia de xénero
A programación polo 25N inclúe propostas culturais, obradoiros de autocoidado para mulleres e un acto central o día 25 con proxección audiovisual e unha charla sobre os recursos de atención ás vítimas
Os contos máis misteriosos da tradición galega chegarán á Capela para celebrar o Samaín
A Biblioteca Municipal organiza o luns 2 de novembro unha sesión de narración oral con Caxoto, que achegará ao público infantil historias de medo protagonizadas pola Santa Compaña, o Lobishome ou as mouras
A estación de autobuses de Ferrol volve situarse no centro das queixas polos peches a primeira hora
Os usuarios denuncian que as instalacións permanecen pechadas cando chegan para coller os primeiros servizos da mañá, unha situación que xa se repetiu en 2025 e en setembro deste ano
Un equipo universitario de Ourense logra o terceiro posto na HTL Zero Emission Challenge de Viena
O proxecto, impulsado por estudantes do Campus de Ourense, converteuse na primeira formación internacional en participar nesta proba cun kart eléctrico de baixo custo deseñado por eles mesmos
Eventos
Sada habilita un servizo de axuda para colocar flores nos nichos do cemiterio polo Día de Todos os Santos
O Concello ofrecerá asistencia o venres e o sábado en diferentes franxas horarias para facilitar os preparativos da festividade e evitar riscos ao acceder aos nichos situados a maior altura
A Delegación do Goberno e a Deputación da Coruña homenaxean as vítimas do accidente de Urda
As dúas institucións gardaron este xoves cadanseu minuto de silencio para expresar as súas condolencias ás familias das persoas falecidas e o seu apoio ás afectadas pola traxedia ferroviaria
Ribas de Sil suspende as festas patronais de San Clodio polo loito oficial tras o accidente de tren de Urda
O Concello súmase ao loito decretado polo Goberno central os días 29, 30 e 31 de outubro e mantén unicamente o acto relixioso en honra ao patrón
PSOE e BNG reclaman baixar as tarifas e fixar unha data de reapertura para a piscina termal das Burgas tras o anuncio de Jácome
Os dous grupos da oposición critican que o goberno local modifique a ordenanza apenas unha semana despois de aprobala e insisten en recuperar as propostas que quedaron fóra do texto
A Xunta reorganiza os buses interurbanos da Coruña entre as críticas pola saturación e a falta de prazas
A nova terminal da intermodal abrirá o 3 de novembro e obrigará a modificar os percorridos de cinco corredores de acceso á cidade, mentres o PSOE de Arteixo, o BNG e varios concellos reclaman melloras no transporte metropolitano
A recollida de cartón comercial porta a porta suspéndese o 3 de novembro en Ribadeo
O servizo retomarase o xoves 5, mentres que o punto limpo permanecerá pechado os días 30 de outubro e 2 de novembro
Dispositivo especial de tráfico no Couto este xoves polo partido Auriense-Deportivo
Varias rúas próximas ao estadio quedarán cortadas á circulación e restrinxirase o aparcamento en dúas prazas desde as 18.30 horas ata o final do encontro










