300 adestradores de fútbol reuníronse hoxe en Lugo convocados pola Federación Galega

Interviñeron os técnicos Quique Setién, Claudia Pons, David Gordo e Jorge Basanta, e incluíu unha homenaxe a distintos profesionais galegos polo seu labor
adestradores-xornada-lugo
19 Sep 2026

A Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) reuniu hoxe na sede da Xunta en Lugo a arredor de 330 participantes no “Día do adestrador”, unha xornada de aprendizaxe e de recoñecemento aos profesionais galegos dedicados a este labor.

Da vertente formativa encargáronse Quique Setién, que adestrou a equipos como CD Lugo, o FC Barcelona ou o Real Betis; Claudia Pons, actualmente á fronte da selección española absoluta feminina de fútbol sala; David Gordo, seleccionador nacional de fútbol Sub-21, e Jorge Basanta, seleccionador nacional de fútbol sala feminino Sub-21 e Sub-19.

Na xornada tamén interviñeron, entre outros, o presidente da RFGF, Pablo Prieto, e o delegado territorial da Xunta, Alfonso Villares, que no acto de benvida subliñou “o papel fundamental que desempeñan os adestradores na promoción do deporte local, potenciando o talento dos nenos e nenas e acompañándoos no seu crecemento deportivo e persoal”.

O Comité de Adestradores da Federación aproveitou o evento para render unha homenaxe a distintos membros do colectivo que se distinguiron tanto polos resultados como polo conxunto da súa traxectoria.

0.39161586761475