A avenida Infanta Elena acollerá un ano máis o Gran Premio Ciclista Milagrosa
Hoxe sábado terá lugar en Lugo unha nova edición do Gran Premio Ciclista Milagrosa, a que é a 57 edición dunha que organiza o Clube Ciclista Milagrosa.
A carreira, que se celebrará na Avenida Duquesa de Lugo, contará coa participación de 200 ciclistas de categorías diferentes. A totalidade dos clubes participantes son galegos: Lugo, Viveiro, Coruña, Betanzos, Santiago, Pontevedra, Porriño, Ponteareas, O Rosal, Vigo e Marín.
Debido á proba haberá un plan de tráfico co fin de garantir a seguridade dos participantes. Así, desde as 15.00 horas ás 20.30 horas, cortarase o tráfico na glorieta da avenida Infanta Elena na súa intersección coa rúa Alexandre Bóveda, así como na intersección desta avenida coa rúa Río Narla.
No outro extremo do percorrido, levarase a cabo un primeiro corte no carril dereito, en sentido de entrada á cidade, na intersección desta avenida coa avenida Paulo Fabio Máximo e un segundo corte total coa rúa Garaballa de Arriba.
Cortarase ao tráfico o último tramo da rúa Monte Faro, á altura de rúa Pai Gómez, agás residentes.
Corte do acceso desde o parque da Milagrosa á avenida a través da súa única saída da vertente este e tamén á altura da intersección coa avenida Infanta Elena.
Cortarase tamén o acceso ao viario de ligazón da Ronda Norte coa avenida Infanta Elena á altura da citada rolda e na intersección do viario de ligazón coa glorieta circular da avenida Infanta Elena.
Limitarase o estacionamento en avenida Infanta Elena entre as rúas Río Narla e Monte Faro, e na explanada do estacionamento do polideportivo municipal Casa do Deporte.