A Axencia Tributaria de Galicia anula as débedas residuais inferiores a tres euros

A anulación, que afecta a 933 persoas cun importe medio de 1,34 euros, evita recadacións que ocasionan perdas para a facenda pública
dineiro-cartos-moedas-orzamento
1 Jun 2026

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou unha resolución conxunta da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma pola que se acorda a anulación e baixa en contabilidade de todas aquelas liquidacións que se atopen en período executivo e das que resulte unha débeda pendente de recadar por un importe inferior a tres euros.

A anulación de débedas residuais realízase de maneira periódica por todas as administracións tributarias. O seu obxectivo é evitar actuacións recadatorias que supoñen unha perda para a facenda pública, xa que nestas liquidacións xéranse custos superiores aos recursos que potencialmente poderían obterse coas mesmas.

As actuacións previstas na resolución publicada no DOG efectuaranse en relación coas liquidacións das que resulte unha débeda pendente inferior á devandita cantidade a 31 de decembro de 2025. Neste caso, suporá a anulación de 933 débedas que suman un total de 1.249,26 euros, é dicir, un importe medio de 1,34 euros por cada débeda anulada.

O importe cancelado é irrelevante en relación co total da débeda xestionada en vía executiva, xa que representa unicamente o 0,004 % do total.

0.38065695762634