A Banda do Landro organiza un concerto de Nadal

GaliciaXa
A Banda do Landro organiza un concerto de Nadal para o xoves 30 de decembro ás 20.30 horas na igrexa de San Francisco.
1 concerto viveiro contos por Nadal 2021
27 Dec 2021

A Banda do Landro organiza un concerto de Nadal para o xoves 30 de decembro ás 20.30 horas na igrexa de San Francisco.

Nesta ocasión poderase desfrutar da man da narradora Lara Fernández-Noriega que coa súa agarimosa voz levará ao público polos mundos de Gulliver's Travels e adentrará na historia dos irmans Hansel and Gretel.

Escoitaranse tamén temas clásicos de sempre como por exemplo Silent Night e A Swinkling Christmas, e despedirán coa Radetzky March de Johann Strauss.

concerto viveiro contos por Nadal 2021
0.16865301132202