A Capela de San Isidro recupera a súa festa o 14 de maio

GaliciaXa
A parroquia vilalbesa de San Simón recupera o 14 de maio a súa festa na Capela de San Isidro. A festividade terá o seu inicio ás 13.00.
festas capela san isidro san simon vilalba portada
3 Maio 2022

A parroquia vilalbesa de San Simón recupera o 14 de maio a súa festa na Capela de San Isidro. A festividade terá o seu inicio ás 13.00 coa misa solemne seguida de procesión e da sesión vermú, que estará ao cargo da orquestra Trebol.

Como todos os anos haberá unha ruta a cabalo e un xantar campestre para todos os que queiran asistir. O menú consistirá en polbo, churrasco, patacas, postre, café e chupito, todo por un prezo de 28 euros.

Os interesados en sumarse ao almorzo poden retirar os tickets antes do día 9 de maio con Yolanda (652 828 872) e Ángeles (648 202 822).

Finalizará a xornada cunha verbena a cargo do dúo Pedriñas e a orquestra Trébol.

0.17450618743896