A CIG-Industria faise coa totalidade da representación sindical en Otis Mobility Vigo

O sindicato obtén os tres delegados de persoal nas eleccións celebradas esta semana
Otis Mobility Vigo
Otis Mobility Vigo
14 Feb 2025

A federación de Industria da CIG conseguiu a totalidade da representación sindical na empresa Otis Mobility en Vigo, tras obter os tres delegados de persoal nas eleccións sindicais celebradas o pasado martes.

Os tres candidatos da central sumaron 81 votos (31, 25 e 25, respectivamente), fronte aos 13 votos obtidos polo único candidato presentado polo Sindicato de Elevación, organización que no anterior proceso lograra os tres representantes.

Dende a CIG-Industria agradeceron a confianza da plantilla e manifestaron a súa intención de traballar nos vindeiros anos para mellorar as condicións laborais, co obxectivo de impulsar unha revisión do convenio de empresa a nivel estatal.

A compañía Otis Mobility, dedicada á fabricación, mantemento e instalación de equipos de elevación, conta con 45 traballadores no seu centro de Vigo.

0.11598896980286