A Costa da Morte activa este xoves a alerta amarela por temporal no litoral

As temperaturas, pola súa banda, experimentarán un lixeiro ascenso respecto ás rexistradas nas últimas xornadas
mapa-alertas-galicia
27 Aug 2026

O litoral da Costa da Morte permanecerá este xoves baixo aviso amarelo por temporal costeiro, nunha xornada na que tamén se prevén novas precipitacións no oeste e suroeste da provincia da Coruña.

Segundo MeteoGalicia, o aviso por fenómenos costeiros entrará en vigor ás 21.00 horas e manterase activo ata as 03.00 horas do venres. Durante este período agárdanse intervalos de vento do sur e suroeste entre Fisterra e as illas Sisargas, que poderán provocar condicións adversas no litoral.

A situación manterá tamén a inestabilidade meteorolóxica durante a xornada do venres, especialmente no oeste e suroeste da provincia da Coruña, onde estará activo outro aviso amarelo por chuvias. As precipitacións poderán superar os 15 litros por metro cadrado nunha hora.

De cara ao venres, a influencia anticiclónica comezará a recuperarse sobre Galicia, aínda que o ceo continuará cuberto e con choivas. Estas serán máis frecuentes e intensas no norte da comunidade e durante as primeiras horas do día.

As temperaturas, pola súa banda, experimentarán un lixeiro ascenso respecto ás rexistradas nas últimas xornadas.

0.36401605606079