A Deputación aproba achegas por valor de máis de 1,3 millóns de euros para que dez concellos da provincia realicen melloras en infraestruturas deportivas

Son fondos do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, dotado con 8 millóns de euros para os concellos de menos de 50.000 habitantes
Deputacion Pontevedra
21 Mar 2025

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar achegas por valor de máis de 1,3 millóns de euros dentro do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, que permitirán realizar melloras en equipamentos deportivos en dez concellos da provincia: Agolada, Cambados, Campo Lameiro, Meaño, Redondela, Ribadumia, Silleda, Soutomaior, Tui e Vilaboa.

O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, destacou que “con estes 8 millóns de euros, o dobre que na anterior edición do plan, seguimos colaborando cos concellos para modernizar as instalacións deportivas da provincia como nunca antes se fixo”.

As actuacións aprobadas inclúen:

  • Meaño: 84.675 euros para melloras no pavillón municipal de Dena, como a substitución de caleiros, baixantes, portal vehicular e instalación dun equipo de megafonía.
  • Campo Lameiro: 85.843 euros para mellorar a eficiencia enerxética da cuberta e ventilación do pavillón municipal.
  • Agolada: 89.185 euros para melloras no polideportivo municipal.
  • Ribadumia: 107.656 euros para actuacións na cuberta e insonorización do pavillón de Barrantes.
  • Vilaboa: 112.226 euros para a creación dunha pista pump track na antiga Canteira das Lapas, en Paredes.
  • Soutomaior: 122.849 euros para melloras no campo de fútbol de Candán (Montesiña).
  • Silleda: 130.860 euros para reformar o pavillón da Bandeira.
  • Cambados: 160.708 euros para diversas melloras no pavillón de San Tomé.
  • Tui: 184.017 euros para reformar os vestiarios e acometer outras obras no pavillón da Macoca (Pazos de Reis).
  • Redondela: 257.111 euros para o acondicionamento dos vestiarios do campo de fútbol de Santa Mariña.
⚙ Configurar cookies
0.10525012016296