Infraestructuras
O Concello de Lugo licita a reforma integral do espazo público de Paradai por case 498.000 euros
O proxecto contempla un novo parque infantil, unha pista multideporte, máis zonas verdes e espazos de sombra nunha superficie de 3.000 metros cadrados
ADEGA denuncia a falta de coordinación do transporte metropolitano coa estrea da estación intermodal da Coruña
A organización ecoloxista colocou carteis na contorna da nova infraestrutura para reclamar máis frecuencias, prazas e conexións entre autobuses e trens
As obras de remodelación do nó norte da AP-9 en Pontevedra provocarán cambios no tráfico desde o martes
Os traballos na PO-531 e na glorieta norte da ponte das Correntes obrigarán a establecer desvíos para os vehículos que saian da autoestrada e circulen pola avenida Domingo Fontán
Ourol acollerá un encontro sobre os retos e as oportunidades da migración no rural
A iniciativa, organizada por Ecos do Sur e a Fundación "la Caixa", reunirá representantes das administracións, entidades sociais e tecido empresarial no edificio Multiúsos
O BNG reclama obras na DP-0403 para mellorar a conexión entre Cervás e O Baño
As formacións de Ares e Mugardos presentarán mocións nos seus respectivos concellos para pedir á Deputación da Coruña que amplíe e acondicione a estrada provincial, que consideran deficiente en seguridade e mobilidade
Os propietarios dos seis chalés de Barreiros aseguran que existen cinco vías para legalizar as vivendas
César Abelleira anuncia que contrataron un informe especializado que identifica varias alternativas e avanzan unha protesta diante do Concello de Barreiros
O derrubo dunha vivenda obrigará a cortar o camiño do Pino durante catro días
O tráfico permanecerá pechado do 9 ao 12 de novembro no Alto do Castiñeiro, en Narón, cunha sinalización específica para organizar os desvíos
O Concello da Coruña comezará o luns as obras para renovar a rúa Ramón de la Sagra
A actuación contempla un investimento superior aos 320.000 euros e busca mellorar a accesibilidade, reforzar a seguridade viaria e incorporar máis vexetación e mobiliario na zona
Oleiros gañará máis de 30.000 metros de solo público cunha nova urbanización canda a rotonda das Olas
O desenvolvemento urbanístico reservará unha zona verde para ampliar o patio do colexio Rabadeira e creará novas prazas de aparcamento canda o centro de saúde
Culleredo adxudica por 138.000 euros as obras de renovación do barrio da Corveira
O plan contempla novo pavimento, iluminación eficiente, unha rede para evitar inundacións e a posta ao día de zonas verdes e mobiliario urbano
A Deputación inviste 226.897 euros na mellora de tres treitos de estradas do Incio
As obras afectarán ás vías LU-P-1306 e LU-P-2503 e teñen un prazo de execución previsto de catro meses
Chantada renova as pistas de tenis e suma un sistema de acceso con código QR
Despois da reforma de dúas canchas en 2020, a terceira pista estrea agora pavimento e pintura, mentres se incorpora un sistema de entrada mediante aplicación móbil similar ao das pistas de pádel
O PSOE reclamará 11,4 millóns de euros á Xunta para impulsar o Museo da Romanización no cuartel de San Fernando
Miguel Fernández anuncia unha emenda aos orzamentos autonómicos e denuncia o agravio comparativo con outras cidades galegas, mentres ofrece a Elena Candia acudir xuntos ante Rueda para reclamar o financiamento
A Deputación financiará o equipamento de O Muíño a través dun convenio co Concello de Meira
Esta nova achega súmase aos 49.980,66 euros que a institución destinou tamén a este Concello para a rehabilitación da cociña e o peche da terraza do restaurante
O PP de Cervantes denuncia que o goberno local impediu debater as melloras no centro de saúde de San Román
Os populares levaron ao pleno unha moción para reclamar reparacións na porta de entrada, a cerradura, as lousas e os canalóns, pero o executivo socialista rexeitou votar a súa urxencia
O BNG levará ao pleno a mellora do cruzamento entre Santo Graal e Angelo Colocci
Rubén Arroxo denuncia que o goberno local suprimiu as partidas previstas para esta actuación e anuncia iniciativas nas comisións de novembro para reclamar a súa execución
O BNG reclama un plan para recuperar a actividade do mercado municipal de Pontedeume
A formación propón cubrir os postos baleiros, atraer novos produtores e organizar actividades durante todo o ano. Tamén critica que as últimas convocatorias municipais apenas conseguisen novas adxudicacións
Eventos
O BNG reclama novos colexios para Visma e Monte Mero ante a chegada de miles de residentes
Mercedes Queixas pide á Xunta que planifique a oferta educativa nos novos barrios da Coruña e advirte de que non se debe repetir o atraso de Novo Mesoiro, onde o colexio abriu en 2020-2021, catorce anos despois da chegada dos primeiros residentes
A Pontenova destina 10.200 euros á adquisición dunha parcela para ampliar o cemiterio
O Concello tramita a adquisición directa do terreo, considerado o único adecuado para atender as necesidades actuais e futuras do recinto funerario
Comezan as obras de renovación en parques infantís de Quiroga
As obras, financiadas a través dun convenio coa Deputación de Lugo, inclúen novo pavimento, elementos de xogo e melloras de seguridade en varios espazos do municipio
O Concello de Culleredo e o PP reclaman que as 17 vivendas públicas de Vilaboa teñan continuidade
Rioboo ofrece á Xunta novas propostas de solo para futuras promocións, mentres Izaskun García pide ao Goberno local que concrete as parcelas dispoñibles e avance na tramitación do PXOM
Miño investirá máis de 4,5 millóns de euros en 28 actuacións para mellorar infraestruturas e conexións
O Concello financiará integramente doce intervencións, mentres que outras tres contarán co apoio da Xunta e trece recibirán fondos da Deputación da Coruña
A rúa Rampa de Sas de Ourense comeza unha reforma integral con tapices rodantes para salvar a súa pendente
A vía será renovada por completo, con novo pavimento, redes de servizos e iluminación, nunha obra que se prolongará durante un ano
Reábrese o tráfico na OU-406 baixo a vía do tren en Ribadavia
A estrada permanecera cortada dende o martes mentres se avaliaban os danos detectados nunha viga da ponte ferroviaria tras un accidente










