A Deputación de Ourense aproba as bases do XLV Premio de Novela Eduardo Blanco-Amor

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou este luns as bases da XLV edición do Premio de Novela Eduardo Blanco-Amor, dotado con 15.000 euros. Os orixinais poderán presentarse ata o 14 de setembro de 2026, e o fallo do xurado darase a coñecer na penúltima semana de novembro, coa entrega prevista para o 5 de decembro de 2026.
O Premio Eduardo Blanco-Amor é o galardón máis veterano e de maior prestixio da novela en lingua galega, e leva implícita a publicación da obra gañadora por unha editorial escollida polo propio autor ou autora.
O asado ano, o galardón recaeu na escritora vilalbesa Cecilia Fernández Santomé que recibiu unha peza escultórica de Acisclo Manzano, ademais do premio económico de 15.000 euros.