Deputación
A Deputación de Ourense repite TERnadal, o seu programa de estadías termais polo Nadal contra a soidade non desexada
Tras unha primeira edición que superou as 1.900 pernoctacións, a provincia volve ofrecer axudas de ata 75 euros diarios para que as persoas maiores pasen as festas nos balnearios, con menús especiais e actividades pensadas para fomentar a compañía
A Deputación da Coruña achega preto de 88.000 euros para mellorar o acceso ao centro de día de ASPACE en Sada
A ampliación da marquesiña de entrada permitirá que as 46 persoas con parálise cerebral que acoden ao centro poidan subir e baixar dos autobuses ao abeiro da chuvia
A Deputación da Coruña achega 508.000 euros á UDC para financiar actividades e rehabilitar a aula Xoana Capdevielle
Os convenios inclúen 208.000 euros para programas científicos, culturais e sociais e outros 300.000 para renovar a cuberta do espazo de estudo do campus de Elviña, que conta con 654 postos
Luis Menor recolle en Archena o Escudo de Ouro póstumo concedido a José Juan Cerdeira
A Deputación de Ourense recibiu en representación da familia esta distinción honorífica, coa que o Concello murciano recoñeceu a traxectoria de quen fora director da área de benestar da institución provincial, recentemente falecido
A soidade non desexada centra o encontro dos Servizos Sociais Comunitarios no Pazo de Mariñán
Preto dun centenar de profesionais participan na XIII edición desta xornada, que tamén aborda a contratación pública e a importancia de compartir coñecemento para mellorar a atención social
GaliciaXa
As ANPAs da provincia da Coruña poderán solicitar axudas de ata 10.000 euros para actividades educativas e conciliación
A Deputación da Coruña reserva 250.000 euros para financiar programas en centros públicos durante 2027 e abrirá o prazo de solicitudes o 20 de novembro
A Deputación de Ourense aproba 1,46 millóns en axudas para deporte, cultura e patrimonio
As axudas aprobadas beneficiarán a varios concellos, con partidas destinadas a renovar campos de fútbol, conservar o patrimonio eclesiástico e sosteñer actividades universitarias e de acción social
Pilar Ortega e Antonio Manuel Fraga gañan o XX Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil
O certame da Deputación da Coruña bateu o seu récord de participación con 84 obras presentadas, case o dobre que na edición anterior
Abegondo recibe 6.630 euros da Deputación para o servizo de socorrismo das piscinas municipais
A achega, concedida ao abeiro do programa provincial FO023B, destinarase á contratación externa de socorristas durante o ano 2026
A Deputación de Ourense destina preto de 7,8 millóns a unhas 200 actuacións nos concellos da provincia
A institución provincial reparte fondos entre os concellos para infraestruturas, servizos básicos e maquinaria contra os incendios forestais
GaliciaXa
A Deputación da Coruña achega 32.000 euros para investigar a evolución das políticas culturais galegas
A USC desenvolverá ao longo de 2026 un estudo que analizará as transformacións, os orzamentos e as liñas de actuación do sector cultural entre 1978 e 2024
GaliciaXa
Raposa gaña o Premio Narf e levará 4.000 euros tras conquistar o xurado en Santiago
A banda pontevedresa impúxose a Sofía Espiñeira e Abril na final da XVIII edición do certame musical da Deputación da Coruña, nunha gala marcada pola homenaxe a Fran Pérez no décimo aniversario do seu falecemento
A II Copa Deputación de Baile Deportivo reúne 325 participantes no Pazo dos Deportes de Riazor
A competición, puntuable para o ránking nacional, contou con deportistas de Galicia, doutras comunidades e de Portugal
As xovencas da Deputación de Lugo véndense na súa totalidade na poxa de Adai cun prezo medio de 3.713 euros
Os 15 exemplares de raza rubia galega procedentes da Granxa Gayoso Castro foron adxudicados na CVI Poxa de Gando Vacún Selecto, celebrada no recinto feiral de Adai, no Corgo
Cinco novos murais enchen de arte e historia o Camiño Inglés e o Camiño Fisterra-Muxía
A terceira edición de 'Arte no Camiño' incorpora obras en Mazaricos, Oroso, Mesía, Abegondo e Ordes. A iniciativa da Deputación da Coruña suma xa 14 creacións que mesturan paisaxe, memoria local e experiencias dos peregrinos
A Deputación de Ourense detecta 16 tramos da súa rede viaria que concentran case unha quinta parte dos atropelos de fauna
Unha análise técnica sobre sinistralidade con animais nas estradas provinciais identifica os puntos de maior risco a partir dos datos rexistrados entre 2021 e 2025, co xabarín e o corzo como principais protagonistas dos accidentes
GaliciaXa
A Deputación presenta catro guías para descubrir a provincia da Coruña a través dos seus protagonistas
As publicacións de ‘A Paisaxe que Sabe’ poñen o foco nos produtores locais, profesionais da restauración, axentes de viaxes e prescritores do territorio
Eventos
GaliciaXa
A Deputación da Coruña activa os bonos de MercaNaVila, con descontos de ata 100 euros
A segunda edición do programa arrincou con máis de 6.000 bonos descargados na primeira hora e un orzamento de cinco millóns de euros
GaliciaXa
A Deputación da Coruña achega 52.000 euros para unha oficina móbil destinada ás probas de automobilismo
O novo vehículo permitirá mellorar os medios técnicos das competicións e contará con espazos para a dirección de carreira, o control de tempos e as reunións dos comisarios
GaliciaXa
A Deputación da Coruña destina 3,36 millóns a crear un 'xemelgo dixital' para os 93 concellos
A ferramenta utilizará intelixencia artificial e análise de datos para anticipar necesidades e planificar investimentos en ámbitos como a auga, a vivenda, a enerxía e as infraestruturas
GaliciaXa
A Deputación da Coruña repartirá 20.000 euros entre os mellores pódcasts en lingua galega
A primeira edición dos premios 'Transmitindo na Lingua Galega' contará con catro categorías de 5.000 euros e aceptará candidaturas ata o 18 de decembro
GaliciaXa
Os comercios das vilas pequenas xa poden sumarse a MercaNaVila, a iniciativa da Deputación da Coruña con bonos de ata 100 euros
Os establecementos dos concellos da provincia con menos de 20.000 habitantes teñen ata o 20 de outubro para adherirse á campaña, que mobilizará 5 millóns de euros
A Deputación da Coruña reclama que polo menos a metade do canon da auga recadado reverta nos concellos
A proposta saíu adiante cos votos de PSOE, BNG e Alternativa dos Veciños fronte ao rexeitamento do PP e pide un sistema público e transparente de reparto
Máis dun millón de euros para mellorar a seguridade viaria na estrada DP-5002 en Monfero
A actuación permitirá ampliar a calzada ata os seis metros e facilitará a circulación nun treito de 2,5 quilómetros entre A Pila da Leña e Lagares










