A Escola Ramón Falcón de Lugo consegue un premio nacional polo proxecto 'As que contan'

A Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo vén de recibir un dos galardóns nos primeiros Premios Nacionais a Experiencias Educativas que fomentan a Competencia Dixital do Alumnado 2025, convocados polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. A entrega oficial dos premios está prevista para o mes de xaneiro no salón de actos do INTEF, en Madrid.
iniciativa recoñecida, titulada As que contan. A tradición da muller rural galega, foi distinguida na sexta categoría, correspondente á Educación Especial, Persoas Adultas e ás Ensinanzas de Réxime Especial, incluíndo idiomas, artes e deportes.
Este premio subliña o valor, a dedicación e a calidade dun proxecto que reivindica a tradición, a memoria colectiva e o papel esencial da muller rural en Galicia, ao tempo que integra de maneira activa o desenvolvemento da competencia dixital do alumnado participante.
Desde o centro expresaron o seu agradecemento a todas as persoas que contribuíron á realización da proposta, e de maneira especial ao alumnado, que transformaron recordos e oficios en relatos ilustrados, pezas cerámicas, xogos e creacións audiovisuais.