Cultura
A Real Filharmonía de Galicia ofrecerá en Lugo un concerto en lembranza de Xulián Parga
Sergey Malov dirixirá a formación e actuará como solista de violín e violoncello da spalla o 4 de decembro no Círculo das Artes, nun programa dedicado a Mozart, Bach e Boccherini
Mondoñedo acollerá unha presentación solidaria do poemario 'Camiño a Ningures', de Dionisio Oseira
O encontro será o 12 de decembro no Salón de Plenos do Concello e destinará os fondos recadados á Asociación Española Contra o Cancro e a AFAGA Alzheimer
A maxia encherá de ilusión o Mercado de Nadal de Ribadeo coa actuación 'Mágica-Mente'
A carpa do mercado acollerá o domingo, ás 17.30 horas, un espectáculo gratuíto pensado para gozar dunha tarde de entretemento e sorpresas
O arquitecto Celestino García Braña, elixido presidente da Real Academia Galega de Belas Artes
Traballarase na creación dun ‘Banco de Coñecemento’ de consulta dixital aberta para reforzar a presenza na sociedade galega e dun ‘Observatorio Permanente do Patrimonio Artístico Galego’
God Is An Astronaut súmase ao cartel do Esmorga Fest de Sarria na súa única data en España en 2027
A banda irlandesa de post-rock instrumental actuará os días 12 e 13 de febreiro na vila dentro da súa xira polo 25 aniversario, nunha edición que tamén contará con Maquina., MONO e Apartamentos Acapulco
Un motín no cárcere para enfrontarse ao poder: 'Ruido' chega este sábado a Arteixo
Ditirambo Teatro presenta no Auditorio Manuel Murguía unha obra escrita e dirixida por Lola Roel que reflexiona sobre a liberdade de pensamento e a manipulación nunha sociedade marcada pola crispación e a mentira
Cedeira recupera a ruta de 'Rapa' e programa visitas e obradoiros para decembro
O Museo Terras de Cedeira acollerá actividades infantís e unha exposición fotográfica, mentres que a axenda inclúe percorridos polos Murais Atlánticos e Santo André de Teixido
Culturgal reúne en Pontevedra máis de 800 artistas e ofrece máis de 200 actividades
A programación abrangue diferentes disciplinas artísticas e conta cunha destacada presenza de creadores de Galicia
Rafael Amor volve soar na Coruña cun recital dedicado ás mulleres da súa obra
Miriam Sandoval e Pili Campos presentan este venres no Ateneo Aurora o espectáculo poético-musical 'Nosotras en la obra de Rafael Amor', un percorrido polas historias femininas presentes nas cancións e poemas do artista arxentino
Máis dunha vintena de actividades forman parte do programa de Nadal de Vilalba
O Concello organiza un calendario que combina música, teatro, mercado, actividades infantís, propostas nas parroquias, deporte e celebracións tradicionais
GaliciaXa
A Xunta incrementa 100 prazas nos Celga en liña dentro del Plan de normalización da lingua
A convocatoria encádrase nas primeiras 50 medidas planificadas para pór en marcha nos 100 días posteriores á aprobación desta folla de ruta no Parlamento
O FIV pon hoxe á venda os primeiros abonos para a súa vinte edición
A promoción do #FIV20 estará dispoñible de 10.00 a 22.00 horas, cunha oferta limitada a 1.000
Cinco localidades do Camiño do Norte inspiran unha webserie sobre a cultura tradicional galega
A produción audiovisual percorre Ribadeo, Lourenzá, Begonte, Sobrado dos Monxes e Santiago para documentar a cultura popular e transformala en creación artística
O Teatro Afeccionado fai parada este sábado en Outeiro de Rei
Haberá dúas actuacións no termo municipal. Ardora porá en escena 'Infidelidades' en Martul e 'Tres nun banco' estará a cargo do grupo teatral Antas de Ulla en Penas de Rodas
Antas de Ulla recibe este domingo o espectáculo familiar 'Gaela Quere Ser Druída'
A representación de Trécola Producións será ás 18:00 horas na Casa da Cultura e aborda a igualdade a través dunha historia de aprendizaxe
Vilalba pechará o Ciclo Mestre Mateo-2026 coa proxección da película 'Sirat', de Oliver Laxe
Esta décima e última proxección terá lugar este sábado, 28 de novembro, ás 20.00 horas, no Auditorio Municipal
RetoqueRetro levará a CAPTURAS Pesca de Ribadeo os seus peixes creados con residuos mariños
A mostra abrirá o 5 de decembro ás 12:00 horas cunha charla dos integrantes do colectivo artístico, que leva catorce anos transformando residuos costeiros en criaturas mariñas
Eventos
OcioenGalicia
Enduro Monte Castelo Burela 2027
OcioenGalicia
Programa de Navidad de Vilalba
OcioenGalicia
Mercado de Primavera de O Valadouro 2027
Os cabezudos toman a Casa da Cultura de Valdoviño cunha exposición aberta ata o 13 de decembro
A mostra, impulsada pola Asociación Cultural Morreu o Demo, reúne pezas tradicionais e traballos realizados por nenos e nenas nun obradoiro do programa Concilia
Os Bolechas visitarán este Nadal os centros comerciais das cidades
Valentín García inclúeo no novo Plan da lingua para reforzar “o galego nos espazos de lecer da mocidade e as familias”
Sarria Acendida despedirá a súa programación cunha xornada de música na Praza de Abastos
A cita será o sábado 12 de decembro, con actuacións desde as 13:00 horas, pinchos de balde e un encontro especial ás 17:30 horas para celebrar o vivido durante estes meses
O Museo Etnolóxico de Ribadavia acolle unha exposición sobre o oficio de libreiro en Ourense ata 2027
A mostra, que poderá visitarse ata finais de setembro de 2027, reúne unha vintena de pezas e recrea un obradoiro de encadernación para dar a coñecer a tradición libreira ourensá
GaliciaXa
O presidente da RAG informa a Rueda sobre a próxima posta en marcha da Fundación Pro Academia
A tramitación da reforma dos estatutos da Academia, presentada xa ante á Xunta para a súa aprobación, foi outro dos temas do encontro
Alberto Almeida presenta en Celanova a súa novela 'As voces do silencio'
A Casa dos Poetas será escenario este venres do acto de presentación dunha obra literaria que recupera, a través dunha trama de intriga, a memoria dun emblemático espazo cultural ourensán
Castroverde acolle este sábado a representación teatral 'Estremonías da Silva', de LÎLÂ Teatro
A función será ás 19:00 horas no Centro Cultural Paco Pestana e está dirixida a todos os públicos







